Arquivado en Nota de prensa, Jornada, Condiciones de trabajo, Comercio, Hostalaría, Comercio Galicia
O sindicato sostén que a liberalización só beneficia as grandes superficies e prexudica o pequeno comercio galego
CCOO Servizos rexeita a liberalización de horarios comerciais e acolle positivamente a sentenza do TSXG
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia (CCOO-Servizos) rexeita a liberalización de horarios comerciais porque só beneficia as grandes superficies e prexudica o pequeno comercio. Neste sentido, o sindicato acolle positivamente a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que rexeita o recurso da patronal ANGED contra a decisión do Concello da Coruña de restrinxir a apertura en domingos e festivos. Así mesmo, CCOO rexeita as tentativas de aprobar en Vigo a dita flexibilidade. Continúa
A pretensión de ANGED baséase nunha norma estatal que flexibiliza os requisitos de apertura nas zonas consideradas de «especial afluencia turística». Co precedente da Coruña e tamén coa situación creada en Vigo, onde a Xunta solicitoulle ao Concello a determinación da zona de afluencia turística, o sindicato insiste en rexeitar estas iniciativas.
As aperturas en domingos e festivos están restrinxidas, como regra xeral, a dez ao ano. CCOO sinala que esta posibilidade non se traduciu por agora na creación de emprego, senón que se deteriorou o existente, obrigando o persoal a prolongar a súa xornada laboral. Isto prodúcese, ademais, «sen contraprestación de ningún tipo e á custa de dificultar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral», censura Isabel Castaño, secretaria de Acción Sindical de CCOO-Servizos.
CCOO considera que a apertura de máis domingos e festivos non é unha demanda da cidadanía, senón das grandes cadeas de distribución -representadas por ANGED-. Neste senso, Castaño lembra que xa existe unha lei de horarios comerciais que lles permite a liberalización de horarios aos establecementos cunha superficie de ata 300 metros cadrados.
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia sosteñen que a liberalización de horarios carrexaría a morte do pequeno comercio, «coa consecuente destrución de emprego estable e con dereitos», a cambio de mudar e modificar as condicións laborais e «precarizar, aínda máis o emprego nas grandes superficies».
CCOO, como sindicato máis representativo do sector, reuniuse coa concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois, e co concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña, Alberto Lema. Ambos os edís manifestáronlle ao sindicato o total rexeitamento dos seus respectivos grupos de goberno á posibilidade de ampliar os horarios de apertura comercial.
Por último, CCOO sinala que a Federación Galega de Comercio (FEGA), máxima entidade representativa do pequeno e mediano comercio -200 asociacións de comerciantes e máis de 70.000 comercios integrados-, elaborou tamén un informe en que se rexeita a ampliación dos horarios de apertura.
+ Para máis información:
Isabel Castaño, secretaria de Acción Sindical de CCOO-Servizos: 626 100 310
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Convenio Hostelería Baleares 2018-2022 (Publicado en el BOIB)
El convenio de ARTE continúa con las posiciones aún muy alejadas
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Firmado el III Plan de Igualdad del Grupo Mediterránea
Continúan las movilizaciones en el Grupo DXC