Convocatoria para o Proceso Congresual da Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia
Por medio da presente nota, comunicamos que se convocaron os procesos congresuais de CCOO, e tes á túa disposición as normas que rexerán devandito proceso no ámbito da Federación de Servizos deGaliciana seguinte ligazón:
https://www.ccoo-servicios.es/g
Así
mesmo, comunicámos que até o 19 de novembro, poderase consultar a inclusión individual no censo da asemblea correspondente ao correspondente ámbito
de participación nos locais indicados na anterior ligazón, ou ben
solicitando información ao
teléfono 981145885, ou ao correo electrónico direccionprovisional.galicia@s
Aquí pode consultarse o último número dun boletín coas últimas noticias da Federación de Servizos deGalicia,domundo laborale de ofertas para afiliados. Para subscribirse só hai que enviar un correo a comunicaciongalicia@servicios.
Normas definitivas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do pasado 20.10.2016 aprobou a modificación do Anexo Organizativo, á súa vez aprobado no Consello Federal do pasado 14.09.2016, adecuando ao mesmo os anexos organizativos dos sindicatos comarcais de Galicia, aprobados a posteriori.
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES
Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO
A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.
Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.
Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.
Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO Servizos Galicia
Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES
Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo


Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .
A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para atender un horario comercial máis amplo.
É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.
Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia
No día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.
Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.
O obxetivo desta xuntanza :
-
Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.
-
Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.
-
Información e traslación da negociación.
Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.
CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex
O vindeiro 5 de abril terá lugar en Santiago a primeira reunión de representantes da Federación de Servizos de CCOO Galicia no Grupo Inditex, onde, entre outras cuestións, se analizará a situación da Negociación Colectiva das marcas que forman parte dese grupo (Zara, Berska, Stradivarius, Lefties, ...).
Unificar criterios en canto a negociación, potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.
Preténdese incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do personal de cada centro de traballo.
Historico
Preguntas Frecuentes conciliación en Vitaly









