Imagen afiliación


Convenio comercio de alimentación de Ourense: Gadis, Cuevas e Froiz baixo presión

convenio comercio alimentación Ourense

As centrais sindicais USO, CIG, CCOO e UGT, tivemos unha asemblea conxunta co persoal do sector comercio da alimentación en Ourense, onde reafirmamos a nosa unidade de acción para facer fronte á patronal.

A patronal (Gadis, Cuevas e Froiz) segue negándose a recoñecer a desigualdade salarial que sufrimos, alegando que o custo da vida aquí é menor. Nós rexeitamos esa escusa: o noso traballo é o mesmo!

Na asemblea, que tivo apoio unánime, acordamos intensificar as medidas de presión para conseguir un convenio xusto:

Dúas concentracións semanais de xornada completa diante das tendas máis importantes das empresas implicadas, para informar á clientela sobre esta inxustiza.

  • Próximas concentracións:
  • 23, 24 e 25 de xuño de 11:00 a 12:00 horas nas seguintes ubicacións:
    • Día 25 - Central Loxistica de GADIS en Piadela – A Coruña
    • Día 24 - Central Loxistica de Cuevas en Ourense.
    • Día 23 - Central Loxística de FROIZ en Poio - Pontevedra.

As seguintes concentración celebraranse en horario de 10:30 a 12:30 e 19:30 ata peche, os seguintes días: Ler máis

____________________________________

enlightenedActualización: Imaxes da concentración do día 24 de xuño diante do centro loxístico de Grupo Cuevas

concentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourense


Igual traballo, igual salario: Éxito total da folga e mobilizacións polo convenio de comercio alimentación de Ourense

folga e mobilizacións convenio comercio alimentación Ourense

O conflito no sector de comercio de alimentación de Ourense xurdiu pola falta de avances nas negociacións do convenio provincial, que leva anos caducado e mantén condicións salariais moi por baixo das outras provincias galegas. Mentres o persoal de supermercados de Froiz, Gadis e Grupo Cuevas de Ourense realiza as mesmas tarefas có persoal de Lugo, Pontevedra ou A Coruña, perciben salarios máis baixos, algo que é totalmente inxusto.

Patronal inmobilista
A patronal mantivo unha postura inmobilista, sen presentar propostas concretas para corrixir estas diferenzas e mellorar as condicións laborais. Ante esta situación, as traballadoras e traballadores, organizados pola representación sindical de CCOO, USO, CIG e UGT, reclamaron o mesmo salario polo mesmo traballo e subas salariais xustas que recoñezan o esforzo diario que realizan.

Folga e mobilizacións
Despois de chamadas ao diálogo e mediacións sen éxito, as persoas traballadoras en asemblea, apoiadas pola representación sindical, decidiron dar un paso firme. O 16 de maio convocouse unha primeira xornada de folga que xa contou cun seguimento superior ao 90%, demostrando a disposición do persoal do sector a defender as súas reivindicacións. Posteriormente, os días 6 e 7 de xuño convocouse unha nova folga, cun seguimento masivo en toda a provincia, deixando claro que o persoal non está disposto a seguir soportando estas condicións.

Ademais, o día 7 de xuño tiveron lugar mobilizacións multitudinarias nas rúas de Ourense, onde as traballadoras e traballadores fixeron visible a súa demanda de igualdade salarial e dignidade laboral. A mensaxe foi clara: non hai xustificación para que as mesmas empresas paguen menos en Ourense que noutras provincias galegas.

A loita continúa
Desde a representación sindical advertimos á patronal que, de non presentar avances reais nas negociacións, as mobilizacións poderán continuar e mesmo intensificarse nas vindeiras semanas. A unidade e a participación nestas xornadas de folga e manifestacións deixan claro que o sector está preparado para loitar polo que lle corresponde: un convenio provincial digno, xusto e igualitario.

 

convenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourense


PARTICIPA EN LAS JORNADAS SOBRE NÓMINAS

Te invitamos a participar en las Jornadas Informativas sobre Nóminas que vamos a realizar la sección sindical de CCOO en Caser, una iniciativa pensada para brindarte mayor claridad y comprensión sobre uno de los aspectos más importantes de tu relación laboral: Tu nómina.

Con estas jornadas te damos la oportunidad de acceder a formación sobre temas que afectan directamente a tu salario.

Inscríbete antes del 16 de junio a través del siguiente enlace a Forms.


Lume no convenio do comercio alimentación de Ourense: Folga de 2 días e manifestación

folga convenio comercio alimenación Ourense

Sabemos que é posible e xusto, entón… por que esta patronal segue a provocar? A patronal mente outra vez.

Presentan unha suba salarial de MISERIA:

  • 2025: chega a 18.100€, a costa das subas de 2026, 27 e 28
  • 2026: +47€ brutos/mes
  • 2027: +47€ brutos/mes
  • 2028: +24€ brutos/mes

Non chega nin ao plus de transporte doutras zonas! Queren que cobremos 19.860€ en 2028 cando noutras provincias iso xa se cobra en 2025!!!.

É UN INSULTO!
 

Por iso faremos:

  • Folga de 2 días: Venres 6 e sábado 7 de xuño
  • Manifestación: Sábado 7 de xuño ás 12:00 h polas rúas de Ourense

NON IMOS PARAR

Porque temos razón, porque é xusto, porque poden pagalo, porque xa perdemos o medo, porque Ourense está con nós.
Seguiremos loitando polos nosos dereitos e pola nosa dignidade!!


ÉXITO TOTAL DA FOLGA! O persoal do sector do comercio alimentación de Ourense esixe un convenio digno e a equiparación das condicións laborais

convenio comercio alimenración ourense

O sector da alimentación na provincia de Ourense vive hoxe unha xornada histórica de mobilizacións. A folga, cun seguimento dun 90%, foi convocada para reclamar un convenio colectivo xusto e a equiparación das condicións laborais. As traballadoras e traballadores decidiron dar un paso adiante para facer visible a súa situación e esixir cambios inmediatos.

A protesta conta cunha ampla participación, evidenciando o malestar xeneralizado ante a negativa da patronal a mellorar as condicións salariais e laborais do persoal. A principal demanda é a equiparación das condicións coas outras provincias, garantindo salarios dignos, melloras nas categorías profesionais e medidas que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar.

Desde os sindicatos convocantes destacamos que esta mobilización é un claro sinal de que o persoal do sector non está disposto a aceptar máis precariedade. A mensaxe é clara: "Así non. Convenio digno, convenio xusto, equiparación de condicións".

As organizacións sindicais instamos á patronal a retomar as negociacións con vontade real de alcanzar un acordo que recoñeza o valor do traballo realizado polas persoas empregadas no sector da alimentación. Advertimos que, de non producirse avances significativos, as mobilizacións continuarán e poderían intensificarse nas vindeiras semanas.

folga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourense

 


Loita polos teus dereitos: Comercio alimentación de Ourense... En folga!!

folga convenio colectivo comercio alimentación Ourense

As persoas traballadoras do comercio alimentación dicimos BASTA XA! Nas asembleas celebradas o 8 de maio decidimos que NON estamos dispostas a seguir soportando a discriminación nas condicións salariais e sociais do convenio en Ourense. Por UNANIMIDADE, acordouse convocar unha xornada de folga o venres 16 de maio de 2025.

Non se pode seguir xogando coa precariedade mentres as empresas da patronal acumulan beneficios escandalosos mentres nós seguimos sendo de segunda.
 

Cando comeza a folga?

A folga comeza legalmente o xoves 15 de maio ás 22:00 horas, para que tamén poidan sumarse as/os que entren en quenda nocturna. A mobilización manterase durante todo o venres 16 de maio no sector do Comercio Alimentación dos concellos da provincia de Ourense.
 

Onde e cando reunirse?

Convócase a todo o persoal das empresas afectadas para secundar a folga e reunirse ás 7:30 da mañá diante da Casa Sindical no parque de San Lázaro, desde onde se organizarán os piquetes informativos.
 

Manifestación

Ás 12:00 horas realizarase unha manifestación que partirá do Gadis de O Couto, percorrendo as tendas da cidade.

A túa participación é fundamental desde primeira hora, así como a asistencia á manifestación. Só coa unión de todas e todos conseguiremos mellorar as nosas condicións laborais.
 

Desde a representación sindical LEMBRAMOS

  • A folga é un dereito fundamental da Constitución e está legalmente comunicada.
  • Tes dereito a participar e a faltar ao traballo o día 16 de maio.
  • Non existen servizos mínimos obrigatorios neste sector. Se alguén che di o contrario, avísanos de inmediato.
  • Non tes que informar á empresa se vas facer folga, nin responder a preguntas dos responsables de tenda sobre a túa decisión. Xa o saberán no momento de secundala.
  • Non poden substituírte por persoal doutras tendas ou provincias. Se isto ocorre, denunciaremos a situación.
  • O desconto polo día de folga é de 1,4 días de salario segundo a categoría e nómina. Se che falan de cantidades esaxeradas, non te deixes enganar: é para desanimarte.
  •  A folga é un dereito. A túa participación é imprescindible se queres mellorar as túas condicións de traballo.
  • A perda dun día de salario compénsase de sobra coas melloras que entre todas e todos podemos conseguir.

 

Comparativa convenio comercio alimentación Ourense

 


Destacadas

Guía práctica contra el acoso sexual en el trabajo

Elaborado por Grupo de Expertas de Acoso sexual y por Razón de Sexo de CCOO: Begoña Marugán Pintos, Cristina Segura Del Pozo, Celia Almudena Dominguez Valverde, Elena Casado Aparicio, Elena Terradillos Figuero, Ana Isabel Villaseñor Horcajada, Maria Del Valle Cervantes Vadillo, Eduardo Felipe Fernandez Gomez, Eva Urbano Blanco, Mercedes Boronat Tormo, Margarita Diges Junco, Tebelia Huertas Bartolomé. En el marco del Proyecto Sensibilización ante el acoso sexual y por razón de sexo en los entornos laborales desde una mirada interseccional, antiedadista y antirracista, subvencionado por el Ministerio de Igualdad dentro de las subvenciones públicas destinadas a programas y proyectos para la concienciación, prevención, sensibilización, investigación e innovación para la erradicación de las distintas formas de violencia contra las mujeres, correspondiente al año 2024. Nº Exp.Sede-e 01799-01844247.


Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE

Calendario Laboral de fiestas para 2025 (y 2024). Calendarios Laborales Estatal y Autonómicos confeccionados con las fiestas estatales y autonómicas. El máximo de días festivos al año es de 14.


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO