Por que CCOO asina o convenio de Eroski?
Como todos sabedes o pasado 28 de Xullo Fetico e UGT asinaron un preacordo para asinar un convenio cunha subida salarial do 1% ano o 2021 e 1% o 2022 na que se mantiña a non compensación e absorción de salarios por encima de 18.000€, ademais de adherirse ás nosas propostas de iniciar licenzas en días laborais.
Desde CCOO Servizos advertimos que esa proposta era claramente insuficiente e que se poderían conseguir incrementos substanciais mantendo unha postura máis ambiciosa por parte de todos os sindicatos. Ler máis
Solitium Noroeste pretende conxelar os salarios e empeorar as xornadas de traballo
A empresa SOLITIUM NOROESTE é na actualidade concesionaria dos Servizos de impresión documental nos xulgados de Galicia e nos hospitais do SERGAS, polo que as 145 persoas traballadoras que forman parte do seu persoal son esenciais nestes momentos tan complicados que estamos a vivir por mor da pandemia. Ler máis
CCOO asina importantes melloras económicas e sociais no convenio de comercio téxtil de Ourense
A Federación de Servizos de CCOO asinou hoxe canda outras organizacións o convenio do comercio téxtil da provincia de Ourense 2020-2022. Comisións, sindicato con máis representación na mesa de negociación, salienta que o novo convenio recolle un incremento salarial do 5 %, o que vai permitir rematar coa conxelación de salarios que padecía o persoal. Ademais do aspecto económico, conséguense importantes melloras sociais en cuestións como as licenzas, excedencias ou clasificación profesional. Ler máis.
CCOO ponlle nome á precariedade e explotación laboral no comercio: «traballar gratis é escravitude»
A Federación de Servizos de CCOO inicia en todo o Estado unha campaña para denunciar a precariedade e as cargas de traballo «extremas» no sector do comercio. En Galicia, segundo o informe que o sindicato presentou este martes, esta rama da actividade está marcada pola temporalidade e, sobre todo, o predominio da xornada parcial. Todo isto, malia que foi considerado un sector considerado «esencial» durante a pandemia, o cal non se traduciu nunha mellora das condicións laborais. Ler máis
Primeira reunión do convenio de hostalaría de Lugo
O pasado mércores 24 de Novembro tivemos a primeira reunión da negociación do convenio de hostalaría provincial de Lugo, logo da formalidade de constituir a mesa negociadora.
Expuxemos a necesidade de actualizar o convenio tanto na súa parte social como na parte salarial, donde entendemos que os salarios non se corresponden ca media xeral da hostalaría de Galicia. A nosa proposta é clara e presentamos uns incrementos salariais que afectan á totalidade das categorías profesionais.
A resposta da patronal limítase a sinalar que a situación actual da pandemia impide poder aplicar incrementos salariais, salvo en casos contados a onde non chega o SMI.
Por outra banda, con respecto ás melloras sociais que pretendemos incorporar ao convenio en puntos como vacacións, licenzas festivos etc, non se pararon a debatilas, quedando emprazados para unha próxima reunión o vindeiro 15 de decembro de 2021.















