Actualización pluses Grupo Inditex
Con motivo de situación que estamos a vivir derivadas do covid-19, a guerra de Ucraína e a repercusión que está a ter nos incrementos de prezos que disparan o IPC, as centrais sindicais UGT e CCOO, dirixímonos á dirección de INDITEX para solicitar a actualización a IPC Real dos pluses que abona o Grupo Inditex (Plus provincia, plus sede,?) ás persoas traballadoras das distintas cadeas en GALICIA.
Ademais, solicitamos que este incremento do 6,5% (IPC do ano 2021) se abone con efecto retroactivo de data 1 de xaneiro de 2021. Lembrar que Inditex xa paga o 1,5% a conta, polo que a diferenza sería un 5%.
Esta actualización e abono correspondente, son independentes dos diferentes convenios colectivos provinciais e calquera concepto salarial que neles aparezan. E de futuras negociacións que se poidan ter con Inditex. Ler máis
Convenio Comercio Alimentación Coruña: Por un convenio digno e salarios xustos
O persoal do Comercio de Alimentación fomos considerados esenciais durante toda a pandemia, expoñendo a nosa saúde e a das nosas familias para atender a toda a cidadanía, e evitar desabastecementos en momentos tan complicados.
Agora toca negociar o noso convenio colectivo e é o momento de que se recoñeza este traballo.
A diferenza doutros sectores, non se pode dicir que o sector da alimentación fose un sector especialmente afectado por problemas económicos derivados do covid-19, máis ben todo o contrario. Ler máis.
As empresas da AEC queren que traballes 12 horas ao día
Pensabas que as empresas de consultoría ían conformarse con que traballes de balde os sábados? Non traemos boas noticias.
As empresas da Asociación de Empresas de Consultoría propuxeron na mesa de negociación do convenio que traballemos quendas de 12 horas e sen compensación ningunha. Deámoslle a benvida ao novo concepto de «media xornada» para os integrantes da Asociación Española de Empresas de Consultoría (AEC)! Ler máis
Empeza a negociación no convenio Comercio Alimentación Coruña
Por fin recibimos por parte da patronal unha proposta, que aínda que está lonxe dun acordo, trata sobre os temas que nos preocupan e que desde CCOO valoramos que nos permite empezar a negociar:
- Un convenio a 6 anos (2022-2027): Para CCOO é excesivo nuns tempos de tanta incerteza e coas variacións actuais de IPC, sobre todo cando a patronal descarta unha posible revisión salarial.
- Eliminar o grupo IV: Crear un novo nivel no Grupo III (teriamos 4 niveis), cambiando o tempo mínimo para promoción de 3 a 4 anos. Neste novo nivel porían ás persoas que contraten e non teña unha experiencia demostrable de 3 anos no posto a cubrir.
Desde CCOO temos que analizar con calma a repercusión que pode ter, ademais NON PODEMOS ACEPTAR que o tempo para promocionar se suba de 3 a 4 anos. Ler máis
As primeiras sentenzas contra o Hotel Balneario do Tremo decretan a nulidade dos despedimentos por existir fraude de lei
Comisións Obreiras (CCOO) informa das primeiras sentenzas a favor dos traballadores e traballadoras despedidos do Hotel Balneario do Tremo, no concello de Brión. As tres resolucións xudiciais coñecidas ata o momento decretan a nulidade dos despedimentos por se considerar acreditada a existencia dunha fraude de lei para evitar cumprir cos dereitos de subrogación do persoal. CCOO, sindicato que asesora os demandantes, congratúlase desta vitoria xudicial e agarda que as restantes sentenzas que aínda están pendentes se pronuncien na mesma liña. Ler máis












