A patronal de Contact Center resístese a aplicar a Reforma Laboral
O 21 de febreiro levouse a cabo unha asemblea de delegados/as do sector de Contact Center de Galicia na que interviron a secretaría xeral da Federación de Servizos de Galicia, Lucía Trenor, o secretario de acción sindical Juan Zas, o responsable do sector de Contacr Center en Galicia Xosé González, e o responsable de Servizos Técnicos Iván Cordeiro.
Nas intervencións expuxéronse ante os participantes, delegados e delegadas do sector en todas as provincias da comunidade autónoma, temas de total actualidade no sector, tales como:
- Situación da negociación colectiva no Contact Center.
- Calendario de mobilizacións para defender a plataforma sindical.
- Importancia do labor da Representación Legal das Persoas Traballadoras RLPT nas empresas.
- Afectación dos últimos decretos do Goberno: Reforma Laboral; Plans de Igualdade e Auditoría Salarial; Salario Mínimo Interprofesional.
Convenio comercio alimentación Coruña: Nova decepción
Pouco que dicir na nova reunión da mesa do convenio celebrada onte mércores, e nova decepción: A patronal propón un Convenio de “estabilidade” que dure 8 anos sen ningunha proposta de incremento salarial.
En CCOO preguntámonos para quen é a “estabilidade” cando a pretensión é que dure 8 anos nos que nada se poderá negociar nin mellorarse ademais de non aceptar moitas das nosas propostas: Ler máis
CCOO esixe aproveitar o pulo da reforma laboral para reducir a precariedade da hostalaría en Galicia
Comisións Obreiras (CCOO) inicia unha campaña co obxectivo de aproveitar o pulo da reforma laboral para reducir a precariedade da hostalaría en Galicia, unha situación que padecen de maneira especial as mulleres. Para CCOO, non hai escusas para non reducir as taxas de traballo temporal, de contratación a tempo parcial ou de horas extras non remuneradas. Neste punto, o sindicato advírtelles ás empresas que «traballar gratis é escravitude». Ler máis
A postura da patronal do Comercio Alimentación de Coruña é inaceptable e inasumible
Na última reunión da mesa do convenio Comercio Alimentación Coruña a patronal calificou a nosa plataforma como "inasumible" alegando os seguintes motivos:
- A situación económica é moi mala.
- O IPC está disparado e polas nubes.
- Deste xeito non poderían competir coas outras empresas do sector.
- Porque cuantificado o seu custo, o importe de todas as melloras que pedimos, está por encima do que eles pretenden gastarse en negociación do convenio. Ler máis
CCOO denuncia a falta de pagamento de nóminas en Abante BPO
CC.OO denuncia a falta de pagamento da nómina extraordinaria de decembro na empresa ABANTE BPO LUGO tras o cambio de propietarios anunciado en decembro.
Desde o pasado 13 de decembro de 2021, despois de que o Comité de Empresa se reunise coa nova dirección, non se tiveron máis noticias por parte de ABANTE BPO LUGO. A Sección Sindical de CCOO tentou en numerosas ocasións pórse en contacto coa empresa para obter máis información sobre a súa situación real, non obtendo ningunha resposta.
Ante o incumprimento do abono da paga extra e a falta de noticias, a Sección Sindical de CCOO procedeu a pór unha denuncia ante Inspección de traballo reclamando que se obrigue á empresa a facer fronte ás súas obrigas de pago. CCOO considera que a falta de pagamento da paga extra de decembro supón un grave prexuízo para o persoal nunhas datas tan sinaladas como o nadal e nun sector onde se cobra a xornada completa apenas 1000 euros mensuais.
A Federación de Servizos de CCOO en Galicia ve con preocupación a situación que atravesa ABANTE BPO, empresa do sector de Contact Center que chegou a dar traballo na provincia de Lugo a máis de 450 persoas e que a día de hoxe conta con escasas 100 persoas empregadas.














