Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue
Xuntanza de delegadas/os e afiliadas/os de Paradores de Galicia
O pasado luns 5 de xuño tivo lugar nos locais de CCOO en Monforte de Lemos unha reunión de delegados e delegadas de Paradores de Galicia na que participamos a Sección Sindical de Galicia e delegados, delegadas, afiliados e afiliadas dos Paradores das provincias de Lugo e Ourense.
Nesta reunión valoramos o plan de traballo desta Sección Sindical e debatemos sobre os problemas máis importantes que afectan ó persoal destes Paradores de cara a buscar solucións para cada un deles. Segue
Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense
O pasado 9 de maio constituíuse a mesa de negociación do noso convenio. A representación sindical na mesa é a seguinte:
USO: 6 CCOO: 4 UGT: 3 CIG: 2
Na próxima reunión coa patronal, que se vai celebrar o mércores 31 de maio, empezarán as negociacións propiamente ditas. Os catro sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria, o que nos vai dar máis forza de cara a conquistar melloras.
Tamén convimos en redactar follas - resumen das negociacións que se vaian mantendo- a fin de que todo o persoal estea puntualmente informado da marcha das mesmas. No seu caso, valoraremos convocar asembleas informativas.
FAGAMOS VALER A UNIDADE, A UNIÓN FAI A FORZA
CCOO Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia
O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.
Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.

















