TODOS/AS A UNHA no convenio de Hostalaría de Pontevedra?
Sorpréndenos a decisión unilateral da CIG de convocar mobilizacións, especialmente porque participaron activamente na mesa de negociación e nunca expresaron intención de mobilizarse.
Desde CCOO apostamos pola unidade, polo diálogo e por sumar forzas. Cústanos entender que outro sindicato actúe por libre, sen informar ao resto dos presentes na mesa. Esta actitude pon en risco un posible acordo que tiñamos opción de pechar antes de agosto.
Nós seguimos traballando arreo por un convenio que mellore de verdade as condicións laborais nun sector en auxe: con máis noites de estancia, máis visitantes e máis gasto medio.
Fixamos un límite claro ante a patronal: acordo antes de agosto!
E lembramos: a CIG tamén está nesta mesa.
Se non se consegue un pacto que beneficie a todas as persoas traballadoras da hostalería pontevedresa, CCOO poremos en marcha as nosas propias mobilizacións en agosto.
Seguiremos informando paso a paso. A vosa participación e a unidade son claves para acadar un convenio xusto e digno.
Arrinca a negociación do convenio comercio materiais de construción de Pontevedra
Na reunión do 27 de maio de 2025 constituímos a mesa de negociación do convenio do sector, na que ningún sindicato ten maioría, coa seguinte composición: CCOO: 4, CIG: 6 representantes, UGT: 3.
Nesta primeira xuntanza constituíse a mesa, e a plataforma estará en poder da patronal antes da próxima reunión, que se celebrará o 10 de xuño ás 11:00h nos locais de ASEMACO. Ler máis
Convenio Comercio Metal Pontevedra: Reunións, propostas e próximos pasos
Na segunda reunión de negociación do convenio, celebrada o 19 de maio de 2025, os sindicatos presentamos as nosas plataformas reivindicativas á parte empresarial. Foi unha reunión inicial de toma de posicións na que se abordaron temas clave.
Temas tratados:
- Necesidade de revisar e simplificar as categorías profesionais.
- Actualización dos CNAE aos que se aplica o convenio, para axustalos á realidade actual.
- Adaptación das licenzas e permisos ao marco legal vixente.
A próxima reunión será o 9 de xuño ás 10:00 h, e nela comezará a negociación dos seguintes artigos:
- Artigo 2: Ámbito de aplicación
- Artigo 3: Ámbito funcional
- Artigo 12-15: Licenzas, permisos, excedencias e coidados familiares Ler máis
O persoal de LIDL Pontevedra elixe a CCOO Servizos como a forza maioritaria do comité
CCOO Servizos logramos un importante avance nas eleccións sindicais celebradas en LIDL Pontevedra, establecéndonos como a forza sindical maioritaria. Os resultados mostran un claro respaldo do persoal á nosa organización, que obtivo un total de 6 representantes no comité de empresa.
Resultados por colexios electorais
No colexio de técnicos e responsables, CCOO obtivemos 1 representante con 30 votos, seguido por UGT con 1 representante e 20 votos, e CIG con 1 representante e 16 votos.
No colexio de especialistas e caixeiros/as, CCOO logramos unha ampla maioría con 5 representantes e 91 votos. CIG e UGT obtiveron 2 representantes cada un, con 37 e 36 votos respectivamente. Valorian conseguiu 1 representante con 25 votos.
Comparativa cos resultados anteriores
Os resultados destas eleccións supoñen unha mellora significativa para CCOO respecto ás anteriores, onde obtivemos 5 representantes. Agora, cun total de 6 representantes, CCOO consolidámonos como a forza maioritaria no comité de empresa.
Sindicato |
Resultados actuais |
Resultados anteriores |
---|---|---|
CCOO |
6 |
5 |
CIG |
3 |
5 |
UGT |
3 |
0 |
Valorian |
1 |
2 |
Fetico |
0 |
1 |
Agradecemento ao persoal
Desde CCOO queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todo o persoal de LIDL Pontevedra, que depositou a súa confianza en nós. Este apoio reafirma o noso compromiso de seguir traballando incansablemente para defender os dereitos e intereses de todas as persoas traballadoras da empresa.
Este resultado é un claro reflexo do recoñecemento á nosa labor sindical e un estímulo para continuar mellorando as condicións laborais en LIDL Pontevedra. Comprometémonos a exercer esta responsabilidade con dedicación e transparencia, buscando sempre o beneficio colectivo de todo o persoal.
A loita por condicións laborais dignas no convenio de oficinas e despachos de Pontevedra. Concentración e rolda de prensa
Trala convocatoria de folga convocada para os días 16, 17, 18 e 19 de abril pola Federación de Servizos de CCOO en Galicia e UGT, o 18 de abril levouse a cabo unha rolda de prensa onde se denunciou publicamente o bloqueo por parte da patronal do convenio de Oficinas e Despachos.
Na devandita rolda de prensa tamén se denunciou por parte da Federación de Servizos a intención de seguir precarizando un sector altamente cualificado, con salarios cuxas táboas non alcanzarían nin sequera o Salario Mínimo Interprofesional, segundo as intencións da patronal.
Pola tarde tivo lugar unha concentración diante da sede da CEP de Pontevedra en Vigo, con numerosas persoas persoas traballadoras do sector a reivindicar a non eliminación do plus de antigüidade e o dereito a unhas condicións e salarios dignos.