"Ya nadie quiere ser camarero": la falta de personal en hostelería agita el debate por sus condiciones laborales (Noticias economía rtve)
- Trabajadores y empresarios coinciden en que la falta de vivienda asequible y de formación agudizan el problema
- El sector registra 8.217 vacantes al comienzo de 2023 y, según CCOO, se han perdido 32.000 camareros desde 2019
Esto ya es un circo
NUEVOS DERECHOS EN CONCILIACION
CCOO convoca ao persoal de H&M a máis xornadas de mobilizacións tras o éxito masivo da folga
Tras o éxito, tanto da concentración do 22 de xuño, como da folga de 24 horas -cun seguimento da convocatoria de máis do 80% en todo o territorio, CCOO chama ao persoal a un novo seguimento masivo o sábado 1 de xullo e anticipa a convocatoria de novas xornadas de folga de cara á nova convocatoria do SIMA.
Desde Comisións Obreiras valoramos de éxito rotundo a primeira convocatoria de mobilizacións - 20 de xuño (paro parcial) e 22 de xuño (folga de 24 horas) - cun seguimento masivo en todo o territorio do 80% do persoal pechando, ambos os días, un cento de tendas do Grupo H&M (H&M, COS, OTHER STORIES, WEEKDAY).
Estas mobilizacións enmárcanse nun contexto de inicio da tempada de rebaixas para este verán, e é que desde CCOO queremos salientar non só que cada ano se adianta esta data, tamén as condicións laborais e salariais precarias - ás que xa está sometida o persoal de H&M - que se acusan pola falta de persoal e, polo tanto, a carga de traballo para as 3.700 mulleres e 400 homes traballadores.
A nosa disposición e vontade para negociar sempre está aberta, por este motivo, esta semana volveremos ao SIMA. Desde CCOO continuaremos coas mobilizacións de folgas de 24 horas en defensa dos dereitos laborais e condicións salariais:
Sábado 1 de xullo: folga de 24 horas
Sábado 8 de xullo: folga de 24 horas














