CCOO esíxelles ás patronais da hostalaría que garantan a seguridade do persoal e da clientela
A Federación de Servizos de CCOO esíxelles ás patronais de hostalaría de Galicia que garantan a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras e da clientela no actual escenario de emerxencia sanitaria, certificando que no establecemento están implantadas medidas de prevención adecuadas para asegurar que non existen riscos para a saúde. Ler máis
CCOO convoca folga en Lidl para esixir medidas que reduzan os riscos a que se expón o persoal
CCOO e UGT convocan para mañá, 4 de xuño, unha xornada de folga en Lidl. Esixen medidas que reduzan os riscos a que se expón o persoal, amais doutras cuestións de carácter laboral derivadas da crise da COVID-19. A cadea de supermercados ten aproximadamente oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia. CCOO, sindicato maioritario coa metade da representación —16 delegados e delegadas—, acusa a empresa de romper a homoxeneidade das condicións de traballo, pois pactou un acordo de aplicación exclusivo para o País Vasco.
CCOO de Servicios non asina o ERTE de Adolfo Domínguez
Inicialmente, entendiamos que a decisión de abrir o período de consultas para un ERTE ETOP (Suspensión temporal del contrato o reducción de jornada por causas económicas, técnicas, organizativas o de producción) era precipitada, xa que sen ter claro como se desenvolverían as fases de desescalada nas diferentes comunidades autónomas ou provincias, era imposible negociar criterios que permitisen un ERTE ecuánime e que impedise que as persoas con contratos máis precarios se visen máis prexudicadas pola súa aplicación.
Por outra banda, tamén desde o inicio expresamos a nosa prioridade para que nestes criterios prevalecese a prevención de riscos e a seguridade do persoal. Ler máis
CCOO-Servizos avalía positivamente a derrogación da norma que dá liberdade horaria aos establecementos comerciais
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia avalía positivamente a inminente derrogación da norma que dá liberdade horaria aos establecementos comerciais. O Centro de Coordinación Operativa da Xunta reunirase hoxe para, entre outras cuestións, deixar sen efecto o punto cuarto do acordo adoptado o pasado 15 de marzo, que outorga liberdade de horarios «sen limitacións» aos establecementos comerciais de primeira necesidade. Deste xeito, volverase á situación previa, coas limitacións establecidas na lei 13/2006 de horarios comerciais de Galicia, que fixa que só teñen liberdade horaria os establecementos de ata 300 m 2 , entre outras excepcións.
Nos últimos dous meses, a Federación de Servizo de CCOO pediu a derrogación desta liberdade horaria, decretada ao abeiro da declaración do estado de alarma, por vela «inapropiada e inadecuada». Na práctica, só se estaba a beneficiar desta prerrogativa unha única empresa, pois a maioría do sector non a aplicou, pois dificulta a necesaria atención tanto á reposición da mercadoría, como á desinfección das instalacións. Desta maneira, reducindo horarios contribuíron a preservar as garantías de saúde do persoal e dos propios clientes.
Dá resposta á reunión do mércores
Esta decisión dá resposta a unha das cuestións que o sindicato formulou na videoconferencia do pasado mércores, día 13 de maio, co presidente da Xunta e cos conselleiros de Facenda e Economía, Emprego e Industria. Nesta reunión, unha das representantes de CCOO foi a secretaria da Federación de Servizos, Lucía Trenor, quen ademais de pedir a derrogación da liberdade de horarios, expuxo outras importantes reivindicacións para o persoal do sector. Entre outras, a necesidade de participación sindical no deseño de alternativas para os sectores do comercio, o turismo ou a hostalaría; ou o cambio de modelo produtivo, apostando pola mordernización tecnolóxica e situar a Galicia na vangarda da dixitalización.
CCOO pídelle á Xunta un plan para a recuperación social e económica de Galicia
Unha representación de CCOO reuniuse esta mañá por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo para propoñerlle varias medidas con esta finalidade. Na xuntanza co presidente participaron o secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, a a secretaria xeral da Federación de Servizos, Lucía Trenor, o secretario xeral da Federación de Industria, Víctor Ledo, e coordinadora da Área Pública, Emilia Lamas. Ler máis.














