ERE Banco Santander: Cando a muller perde o perfil
CCOO interviu na pasada comisión de seguimento do ERE (17/9), para advertir a Banco Santander que estaríamos moi vixiantes naqueles aspectos relacionados coa desvinculación do Banco das mulleres, e especialmente aquelas acollidas a redución de xornada.
Con este tipo de condutas, Banco Santander reforza o machismo social invitando ás mulleres a unha volta non desexada ao traballo doméstico, abandoando a actividade retribuída. Así non se contribúe a formentar a igualdade senón que se amplían as fendas existentes, contribuíndo á discriminación da muller.
Non esquezamos que ata o 15 de novembro atopámonos no período de adscrición voluntaria na rede comercial, polo que castigar ao colectivo de persoas con redución de xornada, cando é unha evidencia que hai unha gran demanda de persoas que queren desvincularse e que aínda permanecen sen resposta, é cando menos, o máis alonxado dun Banco sinxelo, persoal e xusto que vai presumindo de igualitario aló a onde vai.
Se te atopas nalgunha situación coma esta, contacta coas túas delegadas ou delegados de CCOO
Calendario e normas III Plenario Sección Sindical CCOO CAIXABANK Galicia
Por acordo das Comisións Executivas da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Agrupación Estatal do Sector Financeiro aprobáronse as normas reguladoras do III Plenario da Sección Sindical Estatal de Caixabank, cuxa celebración terá lugar en Barcelona os días 27 e 28 de novembro de 2019, e que están dispoñibles na ligazón indicada máis abaixo. Ler máis
A Sección Sindical de CCOO en Abanca celebra o seu II Plenario Estatal
Hoxe venres, vinte e oito de xuño, celebrouse o plenario estatal da sección sindical de Abanca. Despois de catro anos durante os cales se resolveron conflitos tanto a través de solucións negociadas como de mobilizacións, as delegadas e delegados elixiron ás persoas que pasarán a integrar a comisión executiva da sección.
Durante este período leváronse a cabo avances en distintas áreas que favoreceron o desempeño do traballo sindical: Ler máis
CCOO vólvese a mobilizar en rexeitamento ás medidas forzosas do ERE de Caixabank
Non basta con retirar as extincións forzosas, é necesario evitar unha purga coa mobilidade forzosa. O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza de mobilidades forzosas e cambios das súas condicións laborais. Por iso, o persoal de CaixaBank mobilizouse hoxe, 24 de abril, para manifestar o seu máis absoluto rexeitamento nas sedes de todas as Direccións Territoriais, e Servizos Centrais de Barcelona ás 17:00h.
O persoal de CaixaBank segue baixo a ameaza: mobilidades forzosas, baixas indemnizacións que non garanten éxito nas adhesións e cambios das condicións laborais, como as 100 tardes para os xestores/as, apertura da tarde dos martes, etc. Ler máis
CCOO-Servizos volve gañar as eleccións sindicais no sector do aforro
A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) volveu gañar as eleccións sindicais no sector do aforro, onde Abanca, Bankia e Caixabank son as entidades máis representativas, con máis de 4500 traballadores e traballadoras. Dos 161 delegados e delegadas que se elixiron, CCOO conseguiu 49, que supoñen o 30,43 % do total. Ler máis
Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa
- Data de celebración: 10/07/2018
- Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
- Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.
O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo
Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.
Hoxe, vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo Banco Popular Galicia.
Coa previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas súas respectivas seccións.
Na súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer "a xenerosidade e o esforzo pola confianza depositados na súa persoa" xa que "nos imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano". Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a través do "contacto directo, cercano e persoal cos nosos compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan". Gañar as eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra ideal central do seu discurso: "dado o actual momento de dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras e traballadores"
A partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.
CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00).








Tras la aplicación de la Modificación Sustancial de Condiciones de Trabajo, aún seguimos negociando la implantación de los cuadrantes horarios en Supersol. Algunas personas ya disfrutan del descanso de calidad (2 días de descanso) y de fines de semana de calidad (descanso continuado de viernes+sábado, sábado+domingo o domingo+lunes). Pero son muchas personas las que aún no lo tienen en sus cuadrantes horarios.






