A
Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das
declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes
Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das
devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a
competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a
creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para
atender un horario comercial máis amplo.
É
necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai
moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao
rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.
Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue