CCOO Servizos mellora a súa representatividade en VEGALSA Oroso (p.l. Eroski)

Onte celebráronse en Oroso as votacións correspondentes ao proceso electoral da empresa VEGALSA (platoforma loxística de Eroski). Ata o día de onte o comité estaba formado por 5 delegados/as de UGT, 2 de CCOO e 2 de FETICO. Grazas ao traballo dos nosos delegados/as durante estos últimos catro anos o resultado neste último proceso foi o seguinte:  

UGT-4
CCOO-3
FETICO-2.

NORABOA COMPAÑEIROS!!!!!
O BO TRABALLO SEMPRE DA BOS RESULTADOS!!!


CCOO servizos obtén dous delegados nas eleccións de Alcampo Santiago

No día de onte celebráronse as votacións das elección sindicais en Alcampo Santigo.
O anterior comité estaba formado por 3 delegados/as de FETICO, 3 de UGT, 2 de CCOO e 1 de CIG.
Despois do resultado de onte, e durante os próximos catro ano o comité estará formado por 4 delegados/as de FETICO, 3  de CIG, 2 de CCOO e UGT 0.
Valoramos positivamente os resultados conseguidos polo noso sindicato, xa que este ano, por primeira vez, a CIG presentaba candidatura no colexio de técnicos.

NORABOA A RICARDO PÁJARO E CHUS LAVANDEIRA!!.


Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia cos responsables da Sección Sindical Estatal

A Sección Sindical Estatal de CCOO de Alcampo reuniuse esta mañá cos delegados e delegadas de Alcampo de Galicia.
Nesta xuntanza de traballo tratáronse diferentes temas que afectan a toda a plantilla da empresa Alcampo, entre os cales está a futura negociación do próximo convenio colectivo que remata a súa vixencia o día 31 de decembro do 2016, polo que toca afrontar a dura e dificil tarefa da negociación.
Desde a Federación de Galicia, agradecemos a asistencia do Secretario Xeral da Sección Sindical Estatal de Alcampo , así como a asistencia de todos os delegados e delegadas de Galicia.


Supón melloras en dous sectores fortemente afectados pola crise

Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra

Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aínda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue

Texto Convenio Comercio Mobles

Texto Convenio Materiais de Construcción


A patronal ANGED aposta pola liberalización total do comercio

A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para atender un horario comercial máis amplo.

É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar. 

Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue



Despois dunha intensa negociación acórdase delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística

Liberalización de horarios: A zona de libre horario comercial limitarase ao Casco Vello, ensache e Bouzas

Tras unha intensa negociación na que participamos CCOO, UGT e CIG, finalmente chegouse a un acordo para delimitar a Zona de Gran Afluencia Turística na cidade de Vigo, na que se permitirá a apertura do comercio todos os días do ano.

As primeiras propostas que se puxeron enriba da mesa, e que incluían zonas como a Gran Vía, a Rúa do Príncipe ou o Centro Comercial A laxe, tiveron por parte das tres centrais sindicais unha resposta contundente de negativa absoluta, sendo preciso realizar accións encamiñadas a conseguir que non se incluísen estas zonas e tampouco establecementos de mais de 300 metros cadrados. Solicitáronse concentracións ás portas do Concello de Vigo, a primeira delas onte pola mañá, que se mantivo como asemblea, á espera do desenvolvemento dunha reunión urxente.

Continúa



Coneix CCOO

¿Què es i què fa CCOO en Serveis? Les nostres oficines, Estatuts, Congressos, Política Privacitat

Calendari Laboral 2021

Festius estatals i per comunitat

Simuladors i utilitats

Simuladors i calculadores, laboral i social

Videos Serveis CCOO

Canal de Youtube de Serveis CCOO

Fotos Serveis CCOO

Pàgina de Serveis CCOO a Flickr

Fal·làcies i mentides

Fal·làcies, mentides i veritats sobre els sindicats


 

 

Logos i marques propietat dels seus respectius autors
Es permet la reproducció total o parcial de tots els continguts sempre que se citi la font i s'enllaci amb l'original.
RSS per Sectors, Territoris i Empreses

miembro de UITA