10 de Marzo - Día da Clase Obreira Galega do 2017
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.








