Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.


O dereito a gañar o mesmo
Cando falamos de brecha salarial nosa cabeza vai a "as mulleres cobran menos que os homes por igual traballo" exclusivamente, sen mirar outros factores que inflúen directamente nesta diferenza.
O primeiro que temos que reflexionar é que a brecha salarial é unha discriminación directa cara ao sexo feminino e vai aumentando coa idade. Que significa isto?, é ben sinxelo, a brecha salarial aumenta a medida que o fai a idade das traballadoras, e non deixa de crecer desde os 30 ata a idade de xubilación, o que terá consecuencias nas pensións do futuro. Ao chegar a idade de xubilación os homes cobrarán máis que as mulleres co que nos atopamos ante unha circunstancia tan real como denunciable e é o empobrecimiento da muller unha vez finalizada a súa etapa laboral






