Non ao proceso de Despedimento Colectivo en Banco Popular e en Banco Pastor!!
O próximo día 6 de outubro o Banco citou a toda a Representación Legal dos Traballadores, RLT, para iniciar formalmente o período de consultas que marca o artigo 51 do Estatuto dos Traballadores sobre o DESPEDIMENTO COLECTIVO anunciado. Previsiblemente, na mesma data o Banco presentará oficialmente á autoridade laboral a súa proposta para o DESPEDIMENTO de 3.000 PERSOAS, E A PERDA DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO!!!
Previamente, toda a Representación Legal dos Traballadores fixemos propostas de flexibilidade interna durante o período establecido no artigo12 do vixente Convenio Colectivo de Banca para que a presentación deste SALVAXE ERE non se materializase, ao cal a empresa fixo oídos xordos.
- DIA 8 DE OUTUBRO: 12.00 h Concentración diante da OP do B. Pastor en Santiago
- DIA 13 DE OUTUBRO: De 18.00 a 19.00 horas Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Pastor, Cantón Pequeno, 1 de A Coruña.
- DIA 20 DE OUTUBRO: De 18.00 a 19.00 horas. Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Popular, c/Policarpo Sanz, 23 de Vigo.
Os traballadores e traballadoras de Contact Center continúan co calendario de mobilizacións por un Convenio xusto
Encadrado no calendario de mobilizacións para desbloquear o Convenio do sector, os traballadores e traballadoras do Sector de Contact Center mobilízanse a traveso de paros parciais e concentracións en Vigo, Lugo e Coruña.


Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo


A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG
A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.
A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra
Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos de Galicia aos delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra, convócase unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 17:00 local sindical de Teixugueiras, 11-entrept, 36212 Vigo.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.
Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .










