Xa tivo lugar a reunión de negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España.

Negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España

zara home

Tras producirse a constitución da mesa negociadora, acordamos na devandita reunión levar a cabo un calendario de traballo a fin de iniciar a negociación do Plan de Igualdade de Zara Home.

Segundo este calendario, unha vez revisados os datos achegados pola empresa para realizar o diagnóstico de situación, a representación legal das persoas traballadoras debía realizar unha petición de ampliación dos mesmos se o consideraba necesario e enviar as primeiras propostas para o plan en materia de acceso e contratación. Ler máis


Así non. CCOO non subscribe o acordo en DIA

ERE DIA

Medidas traumáticas, présas inxustificadas, falta de plans concretos, indeterminación. Aínda que CCOO conseguiu, grazas a varias xornadas de mobilización e, principalmente, á exitosa folga que protagonizou o persoal,  que a empresa introducise melloras no texto, o empeño de DIA de aplicar medidas traumáticas impide que o sindicato subscriba o acordo. Ler máis


A responsabilidade de CCOO é velar polo persoal de DIA e a viabilidade de toda a empresa

stop ERE DIA

Trala reunión mantida hoxe, o número de persoas afectadas sería, finalmente, de 1.586, o que supón unha desafectación de 478 persoas (un 21%). Ofrécense 341 vacantes que poden reducir o numero de persoas afectadas. Se houbese vontade sería relativamente sinxelo alcanzar un acordo unánime e útil para o futuro da entidade. Ler máis


Este mércores, cadrando coa xunta de accionistas en Madrid, houbo protestas en Galicia e no resto de España

Éxito da folga en DIA. #EnDIAnonSobraNinguén

ERE supermercados DIA

 A folga e as protestas do persoal de DIA tiveron un seguimento multitudinario. Isto ten moitísimo valor, sobre todo tendo en conta o ambiente que se creou nas tendas, onde os que se esconderon ante o problema tamén sementaron o medo e o desconcerto con mensaxes falsas.

Ante todo queremos darvos as grazas a todas e cada unha das persoas que hoxe decidistes loitar polo emprego en DIA, que decidistes alzar a voz para defender os vosos postos de traballo, que, a pesar de todo, quixestes lanzar unha mensaxe clara á empresa:

Cos nosos traballos non se xoga!!!!!! Ler máis


«En DIA non sobra ninguén», expresaron as traballadoras e os traballadores da distribuidora de alimentación

CCOO convoca unha folga en DIA

ERE DIA

Tras a negativa por parte da empresa de retirar o ERE e a súa falta de claridade en canto a unha posible prórroga do prazo de negociación, CCOO convocou ao persoal de DIA a mobilizarse, con concentracións en tendas e almacéns o día 13 e con dous paros parciais o 20 de marzo en todos os seus centros de traballo.
 
CCOO considera que non hai razón para manter o ERE proposto pola dirección do Grupo DIA, máis aínda tras o constante cambio de escenarios que se están producindo nos últimos días. É necesario un ERE cando a empresa segue contratando persoal eventual para cubrir a evidente falta de persoal? Cando están a vender tendas e, segundo anuncia a propia empresa en prensa, a venda vai moi ben? Cando onte asumen a rebaixa de persoas e tendas afectadas sen seguir achegando nin un dato de porque se sinalaron eses centros? Ler máis
 
 
 


Asinado preacordo do Convenio do Comercio de Metal de Pontevedra

convenio comercio metal pontevedra


Despois dun longo proceso acadamos un acordo no Convenio de Comercio do Metal da provincia de Pontevedra que levaba en ultractividade desde o ano 2014.

O principal problema durante toda a negociación foi a pretensión da patronal de conxelar a antigüidade, ao que finalmente accedemos a cambio de actualizar a cantidade ao devindicado á data de publicación do convenio e un 6% adicional no incremento salarial para todas a categoría, ademais de que o Complemento de Antigüidade que teña cada un increméntese cada ano no mesmo porcentaxe que o faga o salario base. (A modo de exemplo: unha persoa con 10 anos de antigüidade o seu Complemento de antigüidade sería o 10% polos dous cuadrienios máis o 2.5% polos dous anos restantes ata os 10, é dicir o 12.5% do salario base). Ler máis


Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense

convenio comercio téxtil ourense

Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.

Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.

É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.

É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis


Acordos sobre a demanda da subida salarial de 2018 Muerde La Pasta

Muerde La Pasta

Como tod@s sabedes, en maio interpuxemos unha demanda á empresa polas irregularidades na subida salarial de 2018 segundo marca o noso convenio e o día 17 de setembro tivemos o procedemento de mediación co SIMA (Servizo Interconfederal de mediación e arbitraxe F.S.P.) promovido por CCOO no que asistimos os/as representantes legais dos traballadores/as (RLT) e a empresa chegando aos seguintes acordos:

  • As partes acordamos celebrar unha primeira reunión da Comisión Paritaria o día 5 de outubro co fin de revisar as táboas salariais de 2018 garantindo os importes mensuais no art. 45 do convenio do grupo.
  • Nesta primeira reunión comprobaranse as nóminas de xuño das compañeiras e os compañeiros de Madrid, Alacante e Murcia.
  • Acordamos tantas reunións como sexan necesarias para a análise da situación salarial das compañeiras e os compañeiros das provincias restantes.
O prazo máximo para levar a cabo estas análises é o 31 de outubro de 2018. Agora é o momento de loitar polos nosos dereitos, untos somos máis fortes  . Seguirémosvos informando.
 
Para calquera dúbida acode ao teu delegado ou delegada de CCOO para que te informe. 


Pechado con acordo o expediente de regulación de emprego en Adolfo Domínguez

ere adolfo dominguez

O pasado día 10 de Xullo pechouse con acordo o expediente de regulación de emprego que afectaba a oficinas centrais e a tendas da marca Adolfo Dominguez.