Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro dÃa de rebaixas
O sector do comercio vario da provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense mobilizaranse o próximo venres, dÃa 29 de xuño, cadrando co inicio das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Froiz Lugo
O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo
Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Téxtil de Ourense
O pasado 5 de abril, constituÃuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado dÃa 16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano 2011. Non podemos escoitar, cada dÃa, que a situación económica mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios, como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e familiar. Resumo plataforma sindical conxunta
FAGAMOS VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra
Tras cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos, 2018 e 2019.
CCOO logra constituir as mesas de igualdade no Grupo Inditex
CCOO veu impulsado que todas as empresas do Grupo Inditex puxesen en marcha o comezo da renovación e negociación dos plans de igualdade, como garantÃa de dereitos e oportunidades para as mulleres no ámbito laboral. A Federación de Servizos de CCOO aborda a negociación de cinco Plans de Igualdade do Grupo Inditex: Pull&Bear, Bershka, Oysho, Zara, que renovan o I Plan de Igualdade, que xa chegaran ao final da súa vixencia e o I Plan de Igualdade en Kiddy´s Class.
CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodÃa (das 12:00 ás 14:00).
8M no Corte Inglés
Con motivo da folga convocada para o dÃa 8 de marzo volvemos a ver que Fetico e Fasga continúan facendo o mesmo papel, seguidismo da patronal e das empresas, tentando desprestixiar unha mobilización histórica e necesaria.
Non imos perder nin un minuto en responder aos argumentos tan absurdos que utilizaron na reunión extraordinaria do Corte Inglés de Vigo, que se celebrou neste centro o dÃa 22 de febreiro. Non recoñecen, e parece non preocuparlles moito, os problemas reais que sufrimos as mulleres, tamén nesta empresa. Imos explicarvos os motivos que nos levaron a convocar esta mobilización.
As CCOO estivemos sempre en primeira liña na loita polos dereitos das mulleres e pola igualdade. Quixemos protagonizar unha mobilización laboral sen precedentes na historia do movemento sindical e feminista en España.
Por que CCOO pode convocar unha folga xeral? Porque é a primeira organización sindical neste paÃs e formamos parte de organizacións sindicais internacionais.
Sobran os motivos:
- Os contratos de semanas ou meses recaen maiormente nas mulleres, as cales están a traballar con xornadas con menos horas.
- As pensións son un 37% máis baixa para as mulleres.
- No 2017 foron asasinas 49 mulleres e 8 nenas e nenos por violencia machista.
- A brecha salarial segue aumentando en todos os sectores do noso paÃs, en traballo de igual valor as mulleres cobran ata un 30% menos que os homes.
- Os coidados recaen maioritariamente sobre nós, e 9 de cada 10 permisos ou excedencias recaen sobre as mulleres.
- Cantas mulleres están a traballar nos departamentos de loxÃstica? E na liña de caixas?
- E cantas de directoras de centros? Teñen o mesmo porcentaxe de presenza na empresa?
- Realmente cremos que a igualdade efectiva e real chegou por asinar un acordo ou non? queda moito camiño por andar.
Por todo isto cremos que unha folga de 2 horas por quenda de traballo é a forma máis eficaz para conseguir este obxectivo. Tamén, porque é a menos gravosa para o conxunto das persoas traballadoras, ao supor un menor prexuÃzo económico.
Todos os traballadores e traballadoras teñen dereito á folga, é un dereito recoñecido pola Constitución a todas as persoas traballadoras, e están cubertas pola convocatoria xeral. Por tanto, non hai que notificalo, nin preavisar a intención de secundar a folga. Doutra banda, a empresa tampouco deberÃa preguntar aos seus traballadores e traballadoras se acudirán a traballar ou non, xa que poderÃa considerarse un intento de coacción, algo perseguido pola lei.
Ao tratarse dunha folga ou paro de 2 horas, o desconto salarial será de dúas horas incluÃndo a parte proporcional das pagas extraordinarias.












