Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra
Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aÃnda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue
CCOO Servizos firma un preacordo con Adecco Outsourcing Pontevedra para mellorar as condicións de traballo
O pasado sábado dÃa 4, tras ser exposto e debatido en asemblea xeral de traballadores, vén de ser aprobado pola unanimidade dos compañeiros presentes o preacordo que esta sección sindical alcanzou coa dirección da empresa acerca de bolsa de horas, xornada anual, prezo horas extra e ITs, e cuxa asina será ratificada nos próximos dÃas, tendo unha validez que comprende desde o dÃa 1 de xuño até o 31 de decembro do ano 2017.
Desde a nosa sección sindical e xa desde un primeiro momento, comprendemos que este era un acordo de carácter urxente, xa que constituÃa o maior dos problemas que viñamos mantendo e que primeiro habÃa que afrontar, dado que o futuro inmediato dos servizos estaba seriamente comprometido, e dedicamos todos os nosos esforzos e o noso tempo para tratar de conseguir a mellor das solucións posibles. É por este motivo que centros como o de AntolÃn non foron visitados e apenas informados, e entendemos a lóxica sensación de orfandade que poidan sentir pola cal, sinceramente, pedimos desculpas. En calquera caso, gustarÃanos que comprendesen que non foi por abandono ou falta de interese, senón por dedicarnos por completo á consecución deste difÃcil acordo no que, en todo momento, como compañeiros que son, foron tidos en conta de igual maneira que os demais. Unha vez obtido este acordo, de agora en diante serán debida e igualmente informados que o resto dos seus compañeiros. Segue
A declaración de Zona de Gran Afluencia TurÃstica nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saÃr ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas fÃsicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serÃan necesarios para atender un horario comercial máis amplo.
É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.
Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afÃns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun dÃa máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia
No dÃa de hoxe reunÃronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.
Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.
O obxetivo desta xuntanza :
-
Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.
-
Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.
-
Información e traslación da negociación.
Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.










