A pesar do menor número de electores

CCOO Servizos incrementa a súa representatividade en Mugatra provincia de A Coruña

O pasado día 12 celebráronse eleccións en Mugatra, proceso no que CCOO Servizos mellorou a representatividade a pesar da redución de persoal respecto ás anteriores eleccións. Ademais, por este motivo cabe salientar que desta volta pasa a ser comité provincial.
Queremos destacar o excepcional traballo realizado por David Pazos que ademais é o presidente da Comisión Intercentros.

Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a confianza depositada na nosa organización.


2016

2012

CCOO

2

1

UGT

3

5

CIG

-

1


O 27 de xaneiro constitúese a Mesa Negociadora do Convenio

Comeza o proceso de negociación do Convenio Comercio-Alimentación A Coruña

ércores 27 de xaneiro de 2016 constituiuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Provincia da Coruña, dando inicio ao proceso de negociación.

Un Convenio de gran relevancia que regula as condicións laborais de multitude de traballadores e traballadoras de pequenas tendas de alimentación en toda a provincia, carnicerías, pescaderías, conxelados, etc, ademais de grandes cadeas de supermercados como GADIS ou FROIZ, tanto nas súas tendas como centrais de distribución.


Estamos convocados no mes de febreiro a unha nova reunión, á que CCOO acudirá consciente da responsabilidade de conseguir un bo acordo, que permita mellorar as condicións de traballo dun número tan importante de persoas que traballan no sector.

Seguiremos informando puntualmente de todas as novidades ou acontecementos que vaian aparecendo durante esta negociación, mediante as nosas ligazóns:

https://www.facebook.com/ServizosCCOO,

https://twitter.com/servizosccoo



CCOO Servizos gaña as eleccións en DISTRIBUCIONES FROIZ A Coruña (II)

Tal como informabamos o pasado día 18.01.2016, as eleccións do colexio de técnicos foron impugnadas, polo que hoxe se repetiron tralo laudo. A continuación detallamos os resultados finais:


Colexio de técnicos:
  • CCOO: 1
  • UGT: 1
Resultados agregados:
  • CCOO: 9
  • UGT: 4
  • CIG: 4
Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO 





CCOO Servizos gaña as eleccións en DISTRIBUCIONES FROIZ A Coruña

O pasado 13 de xaneiro celebráronse eleccións sindicais en Distribuciones Froiz A Coruña. Debido a que o grupo Froiz ven de facer unha reestruturación das súas empresas, fusionando as antigas Froiz SA, e Lorenzo Froiz SA, dentro de Distribuciones Froiz SA, non existen datos homoxéneos para establecer unha comparativa.

A estas eleccións concurriron as centrais sindicais CCOO, UGT, e CIG, tanto en colexio de técnicos como de especialistas. O de técnicos ten que voltar a celebrarse porque foi impugnado. Os datos no colexio de especialistas foron os seguintes:

-CCOO:  8 delegados

-UGT: 3 delegados

-CIG: 4 delegados

Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO 






CCOO Servizos gaña as eleccións celebradas en A Coruña MUTUA MIDAT CICLOPS

CCOO gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de traballo de A Coruña de MUTUA MIDAT CICLOPS con dous representantes elexidos dun total de tres. Presentanse tres candidadutas a dito proceso, tres persoas por CCOO e dúas como Grupo de traballadores/as independentes.

Dende CCOO queremos agradecer a toda o plantel de Mutua Midat Ciclops a confianza depositada na nosa organización.


CCOO Servizos gaña as eleccións en A Coruña MUTUA UNIVERSAL

CCOO gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de traballo de A Coruña de Mutua Universal. CCOO pasa de non ter ningún representante, a unha delegada.

Parabéns para a nosa nova delegada Teresa. Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es de Mutua Universal, a confianza depositada na nosa organización.


Destacadas

La creación de un Comité intercentros de Seguridad y Salud es bueno para todos.

El pasado día 11 de mayo del 2017 celebramos una reunión con la Empresa en la que se trataron diferentes puntos, entre otros: Cambios Manual del Vendedor, Calendario de reuniones, Comité intercentros de Seguridad y Salud y Nuevo sistema de comunicación.


Repescas y recuperación de cobros 2016

La sección sindical de CCOO fuerza  llegar a un acuerdo para no entrar a Juicio por el conflicto colectivo interpuesto por los delegados de CCOO