Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego

Bancos Santander Popular

Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue


CCOO Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

eleccións Allianz

O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.

Partindo dun censo de 66 persoas os resultados quedaron da seguinte forma: CCOO obtivo 3 delegados na Coruña, e un en cada centro de Vigo, Lugo e Ourense; repartíndose un UGT en Lugo e outro a CIG en Ourense.

A sección sindical de CCOO quere amosar o seu agradecimento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.


CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo

Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía

Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.





CCOO Servizos gaña as eleccións en Aliseda SGI A Coruña

Eleccións Aliseda

Onte, 26 de abril, celebráronse eleccións para escoller o delegado de persoal que corresponde ao censo dos 18 traballadoras/es de Aliseda A Coruña. A actividade desta empresa intégrase dentro do sector Servicer, e os seus traballadores proceden dos sectores de banca e inmobiliario

Cabe destacar que son as primeiras eleccións neste centro de traballo, as segundas a nivel do Estado, carecendo até o de agora de representación sindical. Do mesmo xeito que na Coruña, CCOO está promovendo procesos electorais noutros centros, tales como Valencia e Málaga.

É importante resaltar o esforzo que está a facer CCOO para que ningún centro de traballo vencellado ao sector bancario quede sen representación sindical. Os traballadores de Aliseda Coruña agradecen a axuda prestada para exercer o seu dereito a elixir ao seu representante ante a empresa.

CCOO quere expresar o seu agradecemento ás persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza nas Comisións Obreiras.  


Establécese a obrigatoriedade de control de presenza diario con rexistro de entrada e saída

Firmado o Convenio Colectivo de Hostalaría da provincia de A Coruña que beneficiará a 20.000 traballadoras e traballadores

convenio hostalaría coruña

O 24 de abril de 2017, despois dunha intensa negociación que viña desenvolvéndose desde a finalización da vixencia do anterior convenio en decembro de 2015, conseguimos chegar a un acordo de Convenio Colectivo para o sector da hostalaría da Provincia da Coruña.

O acordo está asinado polas centrais sindicais CCOO e UGT sobre a base do anterior texto de Convenio Colectivo, cunha serie de melloras que queremos destacar:

- Vixencia 2016-2018.

- Xornada máxima anual de 1792 horas, con control de presenza diario e rexistro de hora de entrada e saída.

- Descanso de 15 minutos para xornadas de cinco horas ou máis.

- Salario 2016 sen incremento.

- Salario 2017 Incremento sobre táboas do 1,5% con revisión de IPC

- Salario 2018 Incremento sobre táboas do 2% con revisión de IPC

- Ultraactividade do convenio unha vez finalizado e mentres se negocia un novo, ata 24 mes máis do que indique a lei.

Conseguimos que por fin apareza por escrito no Convenio Colectivo a OBRIGATORIEDADE DE CONTROL DE PRESENZA DIARIO CON REXISTRO DE ENTRADA E SAÍDA, como un paso primordial para poder controlar os excesos de xornada diarios, a falta de descanso diario e semanal, o traballo en festivos sen que estes se recuperen ou a fraude da contratación a tempo parcial daquelas persoas que fan tantas horas extras que chegan a tempo completo.

A dificultade de incluír este artigo, vese reflectida en que unha parte da patronal negouse a asinar o acordo de Convenio Colectivo.

CCOO non vai parar ata conseguir que a famosa frase de que "na hostalaría non hai horarios", quede no esquecemento e os traballadores e traballadoras de Hostalaría poidan ter unhas condicións de traballo que lles permitan conciliar a súa vida laboral e familiar, tal e como fan o resto de traballadores e traballadoras deste país.

Entrevista na cadea SER: A partir do minuto 12:05, Juan Zas, Secretario de Acción Sindical da Federación de Servizos de CCOO analiza a recente firma do Convenio de Hostalaría de A Coruña e a inclusión da obrigatoriedade de control de presenza diario con rexistro de entrada e saída.


CCOO decidiu non asinalo desde a responsabilidade e a defensa dos dereitos laborais

Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña

Convenio Colectivo Comercio Alimentación Coruña

Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:

  • Por unha parte ao recorrido que aínda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
  • Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:  
    • Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mínimo de sábados libres ao ano
    • Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
    • O incrementos salariais son insuficientes
    • Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC


Destacades

Repescas y recuperación de cobros 2016

La sección sindical de CCOO fuerza  llegar a un acuerdo para no entrar a Juicio por el conflicto colectivo interpuesto por los delegados de CCOO 


CONDUCCIÓ SOBRE NEU

Per fi tenim un principi de solució al tema, no és la que esperàvem però si és un avanç per millorar les condicions en les que alguns companys i companyes ens toca treballar donades les condicions climàtiques de la nostra zona de vendes.