Fórmanse as plataformas de Negociación Colectiva de Comercio e Hostalaría de Pontevedra
Período de consultas finalizado para o ERTE de Eurostars Gran Hotel La Toja
No día de onte pechouse o período de consultas de negociación do ERTE proposto pola empresa ARCATIS, S.L.U. para o Eurostars Gran Hotel La Toja.
Finalmente no período de negociación acordouse modificar as condicións expostas de inicio pola dirección da empresa e o acordo rematou cunha redución de xornada durante a tempada baixa, mantendo a xornada completa na alta (do 15 de maio o 15 de outubro).
Este acordo terá unha duración dun ano e afectará á totalidade do persoal que verá reducida a súa xornada no 50% (20 horas semanais) durante o período acordado, de febreiro ó 15 de maio e do 15 de outubro ó 31 de decembro. A pretensión é que esta redución sexa menor no caso de que a ocupación do hotel faga necesaria unha maior presenza de persoal e non suporá ningunha merma nas condicións económicas.
A representación de CCOO, a pesar das dúbidas que temos sobre as intencións que poida ter a dirección con respecto ó futuro deste emblemático hotel, decidimos asinar este acordo tendo en conta que a asemblea de traballadores e traballadoras maioritariamente manifestou aceptar as condición do mesmo. Dende o principio da negociación a presión exercida polos representantes de CCOO conseguiu que a direción da empresa mudara a súa proposta inicial e reducir as consecuencias negativas que este tipo de medidas teñen para as persoas traballadoras.Excelentes resultados electorais de CC.OO. en Comercio e Hostalaría na comarca de Santiago
|
|
CCOO |
UGT |
CIG |
|
DISTRIBUCIONES CAMBA: |
2 |
1 |
|
|
WURTH ESPAÑA: |
2 |
3 |
|
|
LIDL SUPERMERCADOS S.A.U: |
3 |
3 |
3 |
|
HOTEL UNIVERSAL: |
1 |
|
|
|
CUEROS NOROESTE: |
1 |
|
|
|
MAQUINARÍA AGRÍCOLA DEL NOROESTE: |
1 |
|
|
|
GALEÓN TOURAL: |
1 |
|
|
|
COMPAÑÍA GALLEGA DE SUPERMERCADOS: |
1 |
|
|
|
SPORT ZONE: |
1 |
|
|
|
RESTAURANTE CASA LORENZO: |
1 |
|
|
|
HIPERXEL: |
1 |
|
|
|
RESTAURANTE LOS ROBLES: |
1 |
|
|
|
HIJOS DE C.V OTERO: |
2 |
1 |
|
Un ERTE pechará o Gran Hotel da Toxa durante seis meses
Os membros do comité de empresa do Gran Hotel da Toxa recibiron a semana pasada a documentación que acredita a intención da dirección de impulsar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), que afecta a 75 membros da plantilla, e que pechará o único hotel-balneario de cinco estrelas de Galicia entre o 1 de febreiro e o 15 de maio; e, de novo, despois do verán, do 15 de outubro ata o remate de decembro.
Baseándose nunhas previsións económicas que estiman perdas para eses seis meses, os representantes de Hotusa anuncian a súa intención de xestionar o establecemento como un hotel estacional durante este ano 2016. Está previsto que o peche se comunique de maneira oficial ao conxunto dos traballadores o luns.





Tras la aplicación de la Modificación Sustancial de Condiciones de Trabajo, aún seguimos negociando la implantación de los cuadrantes horarios en Supersol. Algunas personas ya disfrutan del descanso de calidad (2 días de descanso) y de fines de semana de calidad (descanso continuado de viernes+sábado, sábado+domingo o domingo+lunes). Pero son muchas personas las que aún no lo tienen en sus cuadrantes horarios.






