CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.


Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.

O proceso congresual iniciarase o día doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.

Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .

Anexo GL Anexo ES



CCOO Servizos logra a maioría absoluta nas eleccións de Randstad Project Services Vigo

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou cinco delegados despois de presentar a única candidatura que concurriu ás eleccións.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.


Supón melloras en dous sectores fortemente afectados pola crise

Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra

Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aínda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue

Texto Convenio Comercio Mobles

Texto Convenio Materiais de Construcción


O Comité de Empresa, coa maioría de CCOO, segue mellorando as condicións laborais

CCOO Servizos firma un preacordo con Adecco Outsourcing Pontevedra para mellorar as condicións de traballo

O pasado sábado día 4, tras ser exposto e debatido en asemblea xeral de traballadores, vén de ser aprobado pola unanimidade dos compañeiros presentes o preacordo que esta sección sindical alcanzou coa dirección da empresa acerca de bolsa de horas, xornada anual, prezo horas extra e ITs, e cuxa asina será ratificada nos próximos días, tendo unha validez que comprende desde o día 1 de xuño até o 31 de decembro do ano 2017.

Desde a nosa sección sindical e xa desde un primeiro momento, comprendemos que este era un acordo de carácter urxente, xa que constituía o maior dos problemas que viñamos mantendo e que primeiro había que afrontar, dado que o futuro inmediato dos servizos estaba seriamente comprometido, e dedicamos todos os nosos esforzos e o noso tempo para tratar de conseguir a mellor das solucións posibles. É por este motivo que centros como o de Antolín non foron visitados e apenas informados, e entendemos a lóxica sensación de orfandade que poidan sentir pola cal, sinceramente, pedimos desculpas. En calquera caso, gustaríanos que comprendesen que non foi por abandono ou falta de interese, senón por dedicarnos por completo á consecución deste difícil acordo no que, en todo momento, como compañeiros que son, foron tidos en conta de igual maneira que os demais. Unha vez obtido este acordo, de agora en diante serán debida e igualmente informados que o resto dos seus compañeiros. Segue



A patronal ANGED aposta pola liberalización total do comercio

A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para atender un horario comercial máis amplo.

É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar. 

Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue




logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union