Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra

CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


Convócase unha nova asemblea o día 4 de decembro para a valoración de posibles avances na negociación

Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos días 5 e 7 de decembro

 Nas asembleas celebradas no día de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.

A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue




Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)

Despois da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de convocar ASEMBLEA URXENTE para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.

ASEMBLEA EN VIGO: Día 27 de novembro Ã¡s 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47

ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: Día 27 De novembro Ã¡s 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa Pasantería.

É IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!

¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!


Segunda reunión do acordo de relacións laborais para Pontevedra de Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

Acaba de celebrarse a segunda reunión relativa á negociación do acordo de relacións laborais para a provincia de Pontevedra coa dirección da empresa. Devandito acordo está dividido en dúas vertentes diferenciadas e relativas, a 1ª, a cuestións elementalmente salariais e a 2ª, a cuestións de tipo social como son permisos remunerados e licenzas.Segue


Convocatoria para o Proceso Congresual da Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia

Por medio da presente nota, comunicamos que se convocaron os procesos congresuais de CCOO, e tes á túa disposición as normas que rexerán devandito proceso no ámbito da Federación de Servizos deGaliciana seguinte ligazón:

https://www.ccoo-servicios.es/galicia/html/37982.html

Así mesmo, comunicámos que até o 19 de novembro, poderase consultar a inclusión individual no censo da asemblea correspondente ao correspondente Ã¡mbito de participación nos locais indicados na anterior ligazón, ou ben solicitando información ao teléfono 981145885, ou ao correo electrónico direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

Aquí pode consultarse o último número dun boletín coas últimas noticias da Federación de Servizos deGalicia,domundo laborale de ofertas para afiliados. Para subscribirse só hai que enviar un correo a comunicaciongalicia@servicios.ccoo.es.


Normas definitivas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do pasado 20.10.2016 aprobou a modificación do Anexo Organizativo, á súa vez aprobado no Consello Federal do pasado 14.09.2016, adecuando ao mesmo os anexos organizativos dos sindicatos comarcais de Galicia, aprobados a posteriori.



Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO


logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union