Fórmanse as plataformas de Negociación Colectiva de Comercio e HostalarÃa de Pontevedra
PerÃodo de consultas finalizado para o ERTE de Eurostars Gran Hotel La Toja
No dÃa de onte pechouse o perÃodo de consultas de negociación do ERTE proposto pola empresa ARCATIS, S.L.U. para o Eurostars Gran Hotel La Toja.
Finalmente no perÃodo de negociación acordouse modificar as condicións expostas de inicio pola dirección da empresa e o acordo rematou cunha redución de xornada durante a tempada baixa, mantendo a xornada completa na alta (do 15 de maio o 15 de outubro).
Este acordo terá unha duración dun ano e afectará á totalidade do persoal que verá reducida a súa xornada no 50% (20 horas semanais) durante o perÃodo acordado, de febreiro ó 15 de maio e do 15 de outubro ó 31 de decembro. A pretensión é que esta redución sexa menor no caso de que a ocupación do hotel faga necesaria unha maior presenza de persoal e non suporá ningunha merma nas condicións económicas.
A representación de CCOO, a pesar das dúbidas que temos sobre as intencións que poida ter a dirección con respecto ó futuro deste emblemático hotel, decidimos asinar este acordo tendo en conta que a asemblea de traballadores e traballadoras maioritariamente manifestou aceptar as condición do mesmo. Dende o principio da negociación a presión exercida polos representantes de CCOO conseguiu que a direción da empresa mudara a súa proposta inicial e reducir as consecuencias negativas que este tipo de medidas teñen para as persoas traballadoras.Un ERTE pechará o Gran Hotel da Toxa durante seis meses
Os membros do comité de empresa do Gran Hotel da Toxa recibiron a semana pasada a documentación que acredita a intención da dirección de impulsar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), que afecta a 75 membros da plantilla, e que pechará o único hotel-balneario de cinco estrelas de Galicia entre o 1 de febreiro e o 15 de maio; e, de novo, despois do verán, do 15 de outubro ata o remate de decembro.
Baseándose nunhas previsións económicas que estiman perdas para eses seis meses, os representantes de Hotusa anuncian a súa intención de xestionar o establecemento como un hotel estacional durante este ano 2016. Está previsto que o peche se comunique de maneira oficial ao conxunto dos traballadores o luns.










