Concentración contra o ERTE anunciado por Bosch en Vigo
Hoxe venres, quince de marzo, concentrámonos diante de Bosch Services Vigo para expresar o noso rexeitamento polo ERTE anunciado para ese centro de traballo.
A causa probable estaría relacionada co ERE de Vodafone, un dos seus principais clientes, pero Bosch non detallou o impacto que tería para a súa empresa e, sen resolver iso, presenta o ERTE.
O ERTE afectaría a 800 persoas, con períodos de suspensión entre os dez días e os dous meses. Así mesmo, foron despedidas 200 persoas que prestaban servizos a través de empresas de traballo temporal.
CCOO convoca unha folga en DIA
Teleperformance A Coruña en folga
- Despedimentos disciplinarios inxustificados.
- Abuso da contratación eventual e precaria.
- Denegación das reducións de xornada de concrecións horarias.
- Plans de incentivos inalcanzables.
- Presións constantes nas campañas.
- Incidencias reiteradas en nóminas.
- Falta de control e transparencia ante os cambios constantes do persoal entre campañas, en determinados casos con perdas de categorías.
DxC Technology A Coruña: mobilizámonos de novo e esiximos solucións
Despois da primeira xornada de mobilizacións levadas a cabo o pasado 18 de febreiro, desde a dirección de RRHH/RRLL de DxC Technology séguese xogando co futuro dos postos de traballo do persoal do centro da Coruña.
A día de hoxe segue sen existir un compromiso firme e por escrito garantindo os postos de traballo de todo o persoal de DxC Technology. As únicas noticias recibidas no día de onte e de palabra son as supostas intencións de recolocación dos contratos indefinidos e a finalización dos contratos por obra.
Desde o Comité de Empresa de DXC Technology na Coruña xunto co seu persoal rexeitamos esta solución, esiximos á empresa o mantemento do 100% do persoal e que se realice o desvío de carga de traballo desde outros centros que DXC Technology ten no territorio español.
Denunciamos así mesmo a precarización das condicións de traballo ás que tanto DXC Technology como Teleperformance España está a empuxar a un persoal que desde hai anos presta os seus servizos e que demostrou en múltiples ocasións o seu compromiso, respondendo sempre que foi necesario realizar un esforzo engadido para sacar adiante o traballo comprometido cos clientes.
De novo esiximos que toda aquelas persoas contratadas por TELEPERFORMANCE ESPAÑA sexan subrogadas con todos os seus dereitos tanto salariais como sociais, recoñecemento e mantemento das súas antigüidades e que DXC TECHNOLOGY manteña todos aqueles postos de traballo das persoas que decidan permanecer na empresa.
CCOO rexeita o ERTE anunciado por Bosch en Vigo e reúne apoios dos partidos polÃticos
Comisións Obreiras rexeita o expediente de regulación temporal de emprego (ERE) anunciado polo centro de chamadas Bosch para as súas instalacións de Vigo. O sindicato iniciou unha rolda de contactos cos diferentes partidos políticos para recabar o seu apoio. O primeiro dos encontros tivo lugar este luns con Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso. Ler máis
Perda de emprego e servizos en DxC Technology A Coruña
Dende o Comité de empresa de DxC Technology denunciamos a situación pola que está a atravesar o centro de traballo da Coruña.
Dende hai máis de 5 anos vemos como se está producindo un desmantelamento dun centro que chegou a ter máis de 300 traballadores e que debido á mala xestión da dirección perdéronse día a día os servizos que se prestaban desde A Coruña.
A día de hoxe enfrontámonos novamente coa perdida dun servizo pertencente a Servihabitat que emprega a 33 persoas de persoal e 64 subcontratacións.
Desde que o Comité de Empresa tivo noticias da perdida do servizo esixíuselle á empresa a recolocación do 100% do persoal recibindo en todas as reunións a evasiva como resposta sen concretar en ningún momento as súas intencións.
Debido a que case dous meses despois a empresa segue sen aclarar as súas intencións e está á espera de que as persoas seleccionadas por parte da nova empresa adxudicataria pidan a baixa voluntaria para aforrarse as indemnizacións en caso de ter que levar a cabo despedimentos, desde o Comité de Empresa convocamos un paro de dúas horas para esixir á empresa o seu compromiso por escrito recolocando a todo o persoal e solicitar o desvío de carga de traballo ao centro da Coruña doutros servizos que se prestan desde diversos territorios de España.