Folga do persoal de Tragsatec para rexeitar o ERE no Grupo Tragsa - #StopEreTragsa
O persoal de Tragsatec irá á folga mañá martes, 12 de xaneiro, para amosar o seu rexeitamento ao ERE no Grupo Tragsa. CCOO denuncia que a execución do ERE comezou en pleno Nadal, cando, tras recibir o aval do Tribunal Supremo, foron notificados os primeiros despedimentos.
Mediante este despedimento colectivo, Tragsa prevé prescindir de 1.336 traballadores e traballadoras, 117 en Galicia. Isto, malia que a empresa pública ten reservas voluntarias por valor de 261 millóns de euros, critica Comisións, que concitou a unanimidade da oposición política en Galicia contra o ERE.
CCOO denuncia que mentres isto acontece, a empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos». Ademais, nos últimos meses seguiuse contratando persoal eventual en todas as oficinas da empresa no estado, o que para o sindicato é a proba de que aumentou a carteira de pedidos da compañía.
Por último, o sindicato lembra a «millonaria» débeda das Administracións públicas co grupo Tragsa, que superaba os 460 millóns o pasado mes de novembro. Débeda, ademais, sete veces superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019.
+ Para máis información:
Claudio Landeira, delegado de CCOO en Tragsatec: 649 684 220
CCOO Servizos gaña as eleccións en A Coruña MUTUA UNIVERSAL
CCOO gaña as eleccións celebradas o día 17 de dicembro no centro de traballo de A Coruña de Mutua Universal. CCOO pasa de non ter ningún representante, a unha delegada.
Parabéns para a nosa nova delegada Teresa. Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es de Mutua Universal, a confianza depositada na nosa organización.
Importante Participación de Plantilla en las Concentraciones de Madrid y Barcelona 14D
El Grupo Banco Popular no nos quiere como clientes
En nuestra anterior circular de fecha 10-12-15 os informábamos de la reunión con RR.HH. sobre las condiciones de productos financieros y beneficios sociales para la plantilla tras la migración a la nueva plataforma.
CONDUCCIÓ SOBRE NEU
Per fi tenim un principi de solució al tema, no és la que esperàvem però si és un avanç per millorar les condicions en les que alguns companys i companyes ens toca treballar donades les condicions climàtiques de la nostra zona de vendes.








