CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado dÃa 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.
Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o dÃa doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento especÃfico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .
CCOO Servizos logra a maiorÃa absoluta nas eleccións de Randstad Project Services Vigo
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou cinco delegados despois de presentar a única candidatura que concurriu ás eleccións.
Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra
Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aÃnda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue









