Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex
O vindeiro 5 de abril terá lugar en Santiago a primeira reunión de representantes da Federación de Servizos de CCOO Galicia no Grupo Inditex, onde, entre outras cuestións, se analizará a situación da Negociación Colectiva das marcas que forman parte dese grupo (Zara, Berska, Stradivarius, Lefties, ...).
Unificar criterios en canto a negociación, potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.
Preténdese incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e traballo sindical, asà como coñecer de primeira man a situación do personal de cada centro de traballo.
A Federación de Servizos celebra unha asemblea de delegados da provincia de Pontevedra
No dÃa de onte e, do mesmo xeito que o dÃa quince en Coruña, celebrouse una asamblea de delegados en Vigo, procedentes de toda a provincia de Pontevedra, co fin de tratar temas relacionados con negociación colectiva, creación de novas seccións sindicais, formación e ademais compartir as inquedanzas e aportacións de todas as delegadas e delegados.




Qué está pasando en Media Markt Vigo?
Tanto CCOO como CIG sinalamos que a empresa se está a aproveitar da reforma laboral para despedir persoal con contrato a tempo completo para, no seu lugar, facer contratos por horas. Tamén se está producindo unha deterioración das condicións laborais, coa obriga de traballar domingos e facer horas extraordinarias. Asà mesmo, o persoal, en moitos casos, descoñece o seu propio horario o dÃa antes de comezar a xornada.
Criticamos o degradado sistema de relacións laborais dunha empresa que se gaba na prensa do seu modelo empresarial. Denunciamos, asà mesmo, que hai «ameazas constantes» de despedimento para que o persoal non proteste ante a deterioración das condicións de traballo.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Adecco Outsourcing Vigo
A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en Adecco Outsourcing en Vigo. Coa vitoria de Comisións remata un proceso que o sindicato cualifica de "accidentado", pois prolongouse case dez meses.










