Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra
Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aÃnda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue
A declaración de Zona de Gran Afluencia TurÃstica nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saÃr ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas fÃsicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serÃan necesarios para atender un horario comercial máis amplo.
É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar.
Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afÃns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun dÃa máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue
Liberalización de horarios: A zona de libre horario comercial limitarase ao Casco Vello, ensache e Bouzas
Tras unha intensa negociación na que participamos CCOO, UGT e CIG, finalmente chegouse a un acordo para delimitar a Zona de Gran Afluencia TurÃstica na cidade de Vigo, na que se permitirá a apertura do comercio todos os dÃas do ano.
As primeiras propostas que se puxeron enriba da mesa, e que incluÃan zonas como a Gran VÃa, a Rúa do PrÃncipe ou o Centro Comercial A laxe, tiveron por parte das tres centrais sindicais unha resposta contundente de negativa absoluta, sendo preciso realizar accións encamiñadas a conseguir que non se incluÃsen estas zonas e tampouco establecementos de mais de 300 metros cadrados. Solicitáronse concentracións ás portas do Concello de Vigo, a primeira delas onte pola mañá, que se mantivo como asemblea, á espera do desenvolvemento dunha reunión urxente.
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia
No dÃa de hoxe reunÃronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.
Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.
O obxetivo desta xuntanza :
-
Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.
-
Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.
-
Información e traslación da negociación.
Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.










