Exposición ao contaxio: Os Comités de empresa de Gadis Pontevedra ratifican a denuncia de CCOO Servizos ante a empresa
Con data 14 de marzo CCOO Servizos denunciamos ante a dirección da empresa Gadis (Mercartabria Coruña) unha serie de carencias que colocaban nunha situación de vulnerabilidade ao persoal ante a ameazada de infección por COVID19.
Hoxe os comités de empresa de Gadis Pontevedra ratifican que en Gadis seguen prevalecendo os intereses económicos por diante da saúde do persoal, xa que a día de hoxe mantén o horario habitual, cando a maioría de supermercados e hipermercados acurtaron o tempo de apertura como medida preventiva.
Xuntamos carta dirixida á dirección da empresa por parte de CCOO Servizos e comunicado emitido polos comités de Gadis Pontevedra
El Corte Inglés pon en perigo a saúde do seu persoal co COVID19
NON IMPORTA A SAÚDE, nestes momentos para O Corte Inglés prevalece a súa ansia carroñeira e o seu afán de usar esta epidemia para facer caixa e incrementar os seus beneficios.Cando todas as indicacións sanitarias parecen dirixirse cara ao contrario, diminuír a presenza do persoal nos centros de traballo para tentar deter esta pandemia, O Corte inglés, nunha actitude mercantilista e que só pensa en beneficios económicos, decidiu expor durante máis tempo ao virus, tanto aos seus traballadores e traballadoras como aos seus clientes.
CCOO entende isto como un acto de IRRESPONSABILIDADE, pero hai que deixar claro que conta co visto e prace e aval da Xunta de Galicia, que co seu decreto de liberdade horaria presentado polo Presidente Feijoo xusto antes da situación de alerta, permite esta calamidade.
Como acto irresponsable o entenderon a maioría de empresas do sector de hipermercados e supermercados, xa que todas reduciron o seu horario, con excepción do grupo GADISA, empresa á que xa interpelamos tamén mediante escrito á súa dirección pola súa irresponsabilidade ao manter o horario de apertura. Ler máis
SE TRABALLAS EN HOSTALARÍA OU COMERCIO... Sobre o peche de centros de traballo e como afectará aos cadros de persoal
Ante o peche de determinados centros de traballo, desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia queremos contestar a aquelas preguntas que poden facerse as persoas que forman parte do persoal do sector: Ler máis
"En Zara non queremos ser traballadoras de segunda"
O cadro de persoal das tendas está crispado xa que leva moito tempo reivindicando a equiparación de condicións co persoal de loxística, ao que Zara resposta que “non se contempla”.
Cabe salientar que o persoal das tendas é fundamentalmente feminino e na área de loxística masculino, o cal potencia aínda máis a brecha salarial. As tendas están discriminadas en condicións laborais, salarios e beneficios, ademais de sufrir recentemente a redución da posibilidade de acumular horas para utilizar libremente. Ler máis










