cambiando inditex




Xa tivo lugar a reunión de negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España.

Negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España

zara home

Tras producirse a constitución da mesa negociadora, acordamos na devandita reunión levar a cabo un calendario de traballo a fin de iniciar a negociación do Plan de Igualdade de Zara Home.

Segundo este calendario, unha vez revisados os datos achegados pola empresa para realizar o diagnóstico de situación, a representación legal das persoas traballadoras debía realizar unha petición de ampliación dos mesmos se o consideraba necesario e enviar as primeiras propostas para o plan en materia de acceso e contratación. Ler máis


Así non. CCOO non subscribe o acordo en DIA

ERE DIA

Medidas traumáticas, présas inxustificadas, falta de plans concretos, indeterminación. Aínda que CCOO conseguiu, grazas a varias xornadas de mobilización e, principalmente, á exitosa folga que protagonizou o persoal,  que a empresa introducise melloras no texto, o empeño de DIA de aplicar medidas traumáticas impide que o sindicato subscriba o acordo. Ler máis


A responsabilidade de CCOO é velar polo persoal de DIA e a viabilidade de toda a empresa

stop ERE DIA

Trala reunión mantida hoxe, o número de persoas afectadas sería, finalmente, de 1.586, o que supón unha desafectación de 478 persoas (un 21%). Ofrécense 341 vacantes que poden reducir o numero de persoas afectadas. Se houbese vontade sería relativamente sinxelo alcanzar un acordo unánime e útil para o futuro da entidade. Ler máis


Este mércores, cadrando coa xunta de accionistas en Madrid, houbo protestas en Galicia e no resto de España

Éxito da folga en DIA. #EnDIAnonSobraNinguén

ERE supermercados DIA

 A folga e as protestas do persoal de DIA tiveron un seguimento multitudinario. Isto ten moitísimo valor, sobre todo tendo en conta o ambiente que se creou nas tendas, onde os que se esconderon ante o problema tamén sementaron o medo e o desconcerto con mensaxes falsas.

Ante todo queremos darvos as grazas a todas e cada unha das persoas que hoxe decidistes loitar polo emprego en DIA, que decidistes alzar a voz para defender os vosos postos de traballo, que, a pesar de todo, quixestes lanzar unha mensaxe clara á empresa:

Cos nosos traballos non se xoga!!!!!! Ler máis


«En DIA non sobra ninguén», expresaron as traballadoras e os traballadores da distribuidora de alimentación

CCOO convoca unha folga en DIA

ERE DIA

Tras a negativa por parte da empresa de retirar o ERE e a súa falta de claridade en canto a unha posible prórroga do prazo de negociación, CCOO convocou ao persoal de DIA a mobilizarse, con concentracións en tendas e almacéns o día 13 e con dous paros parciais o 20 de marzo en todos os seus centros de traballo.
 
CCOO considera que non hai razón para manter o ERE proposto pola dirección do Grupo DIA, máis aínda tras o constante cambio de escenarios que se están producindo nos últimos días. É necesario un ERE cando a empresa segue contratando persoal eventual para cubrir a evidente falta de persoal? Cando están a vender tendas e, segundo anuncia a propia empresa en prensa, a venda vai moi ben? Cando onte asumen a rebaixa de persoas e tendas afectadas sen seguir achegando nin un dato de porque se sinalaron eses centros? Ler máis