Solucionado o problema dos contratos posteriores ao 17 marzo en situación de ERTE
Con respecto ao problema das persoas traballadoras con alta na empresa posterior ao 17 de marzo de 2020, ás que se lles denegou a prestación de desemprego e, ademais, ao entrar en ERTE teñen que xestionar elas mesmas e individualmente o cobramento da súa prestación, COMUNICAMOS:
-
Que desde que detectamos o problema o pasado 20 de novembro, traballamos para que desde a Administración, SEPE, se dea unha solución ao problema de desamparo e indefensión en que quedaba a xente afectada por este grave problema.
-
Que, tras estas xestións, temos coñecemento de que con data do 6 de decembro de 2020, a Dirección Xeral de Traballo emitiu un ditame que soluciona o problema, indicándolle ao SEPE que debe recoñecerse o dereito ao cobramento das prestacións por desemprego ás persoas traballadoras afectadas, aínda que carezan do período de ocupación cotizado mínimo necesario.
-
Tamén se entende neste ditame que o propio SEPE xestionará, de forma automática e sen necesidade de reclamación previa, a resolución positiva das prestacións que por este motivo fosen denegadas durante as pasadas datas.
Animámosvos a que, se pasados uns días o SEPE non vos comunica esta resolución positiva ao cobramento de prestación, vos poñades en contacto coa asesoría de CCOO para realizar as reclamacións oportunas.
Protestas en Unitono Ourense para reclamar teletraballo
Na actualidade, UNITONO é o único provedor de MAPFRE CETEX que ten a todos os seus axentes traballando en plataforma a pesar de estar nunha situación de pandemia mundial.
As cinco seccións sindicais que conforman os comités de Ourense e Madrid (UGT, CCOO, CIG, CGT e USO), interpuxeron unha SIMA para tentar chegar a un acordo coa empresa para activar novamente o teletrabajo para este servizo, recollendo así o sentir de todos os traballadores e traballadoras que ven perigar a súa saúde compartindo salas e espazos comúns sen a seguridade necesaria. Ler máis
O teu contrato é posterior ao 17 marzo e estás ou estiveches en ERTE? Contacta con nós!
Como comunicamos anteriormente a administración diferenciou entre dous colectivos de traballadores e traballadoras afectados por ERTEs:
1.- Con alta na empresa anterior ao 17 de marzo de 2020, persoas que teñen recoñecido o dereito a cobrar a súa prestación aínda que non teñan o período mínimo cotizado de 180 días e cuxo cobro se xestionará de forma colectiva pola empresa.
2.- Con alta na empresa posterior ao 17 de marzo de 2020, persoas que non teñen recoñecido o dereito á prestación se non cotizaron un mínimo de 180 días e ademais ao entrar en ERTE teñen que xestionar elas mesmas e individualmente o cobro da súa prestación.
Desde CCOO entendiamos que esta decisión deixaba en total desamparo a un importante colectivo de persoas co correspondente prexuízo e discriminación e por iso nos diriximos á Administración do Estado para que actuase e rectificase para igualar as condicións de acceso á prestación destes dous colectivos.
Aínda que non temos contestación oficial respecto da carta que neste sentido enviamos o venres pasado á Administración, ante a gravidade do problema desde CCOO seguiremos insistindo para que as medidas solicitadas sexan aceptadas o máis axiña posible, con urxencia e por tanto se recoñeza o dereito ao cobro das novas prestacións, ademais de tramitar as previamente denegadas e as pendentes, e que tamén se admita a inclusión nas relacións colectivas de ERTEs entregadas polas empresas.
Pedímosvos que esteades pendentes dunha posible comunicación do SEPE neste sentido, á vez que vos lembramos que desde a asesoría de CCOO estamos á vosa disposición para calquera aclaración ou reclamación respecto deste tema.
CCOO esÃxelle ao Concello de Santiago a adopción de medidas inmediatas para axudar as pemes
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que engloba os sectores de hostalaría e comercio, especialmente afectados pola pandemia, e a Unión Intercomarcal de CCOO de Santiago-Barbanza, esíxenlle ao Cocnello de Santiago a adopción de medidas inmediatas para axudar as pemes. A proposta sindical realízase sen prexuízo do diálogo establecido no Consello Económico e Social e no Plan Compostela Móvese Covid-19. Ler máis










