Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego
Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.
A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector. Ler máis
ConstituÃda a Mesa do Convenio de Comercio Alimentación de Pontevedra
O pasado 22 de xullo constituíuse a mesa do Convenio de comercio de alimentación da provincia de Pontevedra, que terá representación de CCOO e na que, coma en todas as ocasións que nos enfrontamos á negociación deste convenio, exporemos e defenderemos as nosas reivindicacións para facer que continúe mellorando.
Nesta primeira reunión presentamos a nosa plataforma, na que procuramos recoller todas aquelas cuestións que coidamos necesario mellorar no actual convenio.
Por suposto, para CCOO o máis importante é manter as cousas boas do actual convenio, que tanto custou conseguir e manter ao longo da historia. A antigüidade, a promoción profesional e o complemento de incapacidade temporal (IT) é posible que sexan, un ano máis, os temas estrela na negociación, e CCOO volverá defendelos coma en ocasións anteriores, sobre todo porque sabemos que son temas moi importantes para o colectivo de persoas que traballades neste sector. Ler máis
CCOO reclama a Inditex que paralice os peches de tendas ata que se acade un acordo laboral sobre as implicacións do seu plan estratéxico 2020
Desde o sindicato pídese á Dirección do Grupo en España que paralice os peches de tendas que xa se están producindo en diferentes territorios e marcas en execución do Plan Estratéxico 2020-2022 -que inclúe a absorción de entre 250 e 300 tendas en España-, en tanto se concrete o compromiso, acadado co Comité de Empresa Europeo o pasado 17/06, de abordar o impacto laboral do devandito Plan coa participación das organizacións sindicais de cada país, priorizando a estabilidade e recualificación do persoal. Ler máis
Teleperformance A Coruña despreza ao persoal e a Inspección de Traballo
Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact Center, que ocupa a máis de 800 empregadxs dando servizos a grandes multinacionáis tanto de telecomunicaciós, enerxéticas e outros servizos. Según indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.
O Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña denuncia:
Teleperformance nesta crise demostrou a súa incompetencia e falta de investimento para implementar o teletraballo. Obriga ao persoal a asumir todos os custos xerados polo traballo no domicilio (equipos, conexión a internet, luz…) sen recibir ninguna contraprestación. Incluso Teleperformance continúa cos descontos en nómina por desconexións alleas ao persoal a pesar da última Resolución de Inspección de Traballo, onde se indica que non poden facelo. Ler máis








