Asinado o convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense
Como principais características, o novo convenio terá vixencia para o período 2021-2024, reducirá a xornada laboral a 1812 horas anuais —equiparándose ao resto de convenios provinciais— e recollerá incrementos salariais por riba do 2,5 %. Ler máis
Gañada a demanda de CCOO e outros sindicatos contra Paradores, que deberá compensar o seu persoal
A Audiencia Nacional deulles a razón a CCOO e a outros sindicatos e estima parcialmente a demanda presentada contra Paradores. Segundo os denunciantes, con motivo do estado de alarma, a empresa deixou sen pagar diversos complementos salariais ao persoal, causándolle un notable prexuízo económico. Ante a negativa a corrixir a situación, non quedou máis solución que acudir á Xustiza, que agora dálle a razón á representación legal do persoal. Ler máis
Éxito de participación na folga de Caixabank, cun paro case total
A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.
Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».
Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.
Teleperformance A coruña: ante a prepotencia, mobilizacións
Teleperformance, en Agrela, unha empresa de Contact Center, que se publicita como un referente mundial no seu sector con uns 800 empregadxs en A Coruña, e que da servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores, segue incumplindo os acordos e compromisos cos traballadorxs e xs seus representantes.
O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación laboral das persoas traballadoras.
Ante esta situación decidiuse levar adiante un calendario de movilizacións:
- Concentracións nas datas dos días 11 e 23 de Xuño de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela.
- Convocatoria de paros parciáis nos horarios de 12:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:00 horas na data do 28 de Xuño. Simultáneamente no horario de 12:30 a 13:30 realizaráse una concentración diante das instalacións.
O OBXECTIVO deste calendario de mobilizacións é rematar con: Ler máis










