CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.
Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).











