para las últimas novedades e información COVID-19; visita zonaasisa.es (sólo empleados).  
 
                                                                                                              
            @ccooasisa                  
sección.sindical@asisa.es                
afiliación                  convenio   
 
 
 

Ao persoal que traballa no centro aplícaselle ata tres convenios distintos

CCOO denunciamos abusos e discriminacións laborais no Hospital QUIRONSALUD de Pontevedra

concentración Quirón Pontevedra

CCOO denunciamos unha situación de abusos e discriminacións laborais no Hospital Quirónsalud de Pontevedra, onde o persoal, que se ve afectado pola aplicación de ata tres convenios colectivos diferentes, se concentrou diante do hospital Quirón de Pontevedra.

Esta situación está a xerar discriminacións entre os traballadores debido á aplicación de tres convenios distintos: o Convenio Provincial de Limpeza, o Convenio do Quirónsalud e o Convenio Provincial do Metal.

Ademais, CCOO alertamos dunha situación de acoso laboral que afecta á maioría da plantilla, sen que a dirección da empresa ofreza ningunha solución razoable.

Ante esta problemática, CC.OO. esiximos a apertura de negociacións co fin de atopar solucións concretas. En resposta, anunciamos que continuarán as concentracións quincenais ata que se atope unha solución definitiva.

A denuncia de CCOO puxo en evidencia a complexidade da situación laboral no Hospital Quirónsalud de Pontevedra, onde a existencia de múltiples convenios e a falta de medidas para abordar os abusos e discriminacións están a xerar un ambiente laboral adverso para os traballadores.


CCOO denuncia a sobrecarga de traballo que padece o persoal de Quirón Prevención e esixe garantías para manter o poder adquisitivo dos salarios

Quirón Prevención folga concentración

CCOO, UGT e CSIF convocaron para o día de hoxe, 23 de xuño, unha folga de dúas horas en todos os centros de traballo de Quirón Prevención. Houbo, así mesmo, concentracións diante da empresa. Con este paro parcial esixen o desbloqueo da negociación do convenio colectivo, que, ademais de mellorar as condicións laborais, regule o teletraballo. Ademais o sector bate récords de beneficios.

CCOO esixe, tamén, que se tomen medidas ante a sobrecarga de traballo que padece o persoal e unha suba salarial que non poña en perigo o poder adquisitivo.


Reunión coa conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade

reunión conselleira emprego

A secretaria xeral da Federación de Servizos de CCOO, Lucía Trenor e o responsable de Servizos Técnicos, Iván Cordeiro, mantiveron hoxe unha reunión coa conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha para tratar a situación dos sectores de Centros de Chamadas, TICS, Enxeñerías e Servizos de Prevención. Ademais solicitouse a revisión dos pregos de contratación e a verificación de que se respecta a lexislación laboral e as condicións de traballo dos sectores.

Os cadros de persoal estanse vendo empobrecidos pola negativa das súas patronais a realizar unha subida salarial nun contexto de inflación desorbitada. O volume de negocio que prestan estas empresas viuse incrementado durante o tempo de pandemia, e por tanto, tamén o seu nivel de facturación. Ademais, estas patronais coinciden en que non poden repercutir as subidas salariais ás súas empresas clientes, referíndose en numerosos casos á propia Administración Pública.