CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña
CC.OO. revalida a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes
elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un
recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
CCOO Servizos gaña por segunda vez consecutiva as eleccións en Frater Prevención Lugo
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas en Frater Prevención (Lugo), que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado, despois de dúas impugnación presentadas por UGT.










