A Coruña: Revisión salarial do convenio colectivo provincial de oficinas e despachos

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo provincial de OFICINAS Y DESPACHOS, subscrito pola comisión paritaria na súa reunión do día 10 de febreiro de 2011. Primeiro.–Que o dito acordo de revisión salarial presentouse nesta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar o día 23 de febreiro de 2011, complementándose o 3 de marzo de 2011.


pdf print pmail

Segundo.–Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros



FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.–Que esta xefatura territorial é competente para resolver a presente solicitude, en virtude do artigo 3 do Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo e o artigo 3 da Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.–Que os artigos 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, outorga facultades á autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos acordos colectivos pactados no ámbito da súa competencia.


ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:

1.º.–Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o subseguinte depósito do texto e demais documentación orixinal.

2.º.–Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

3.º.–Ordenar a notificación desta resolución á comisión paritaria.

A Coruña, 7 de marzo de 2011

O xefe territorial de Traballo e Benestar

Luis Alberto Alvarez Freijido

I ANEXO Á REVISIÓN DE TÁBOAS SALARIAIS DO ANO 2011 DO X CONVENIO COLECTIVO DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A SÚA PUBLICACIÓN OFICIAL

Na Coruña, sendo as 13.00 horas do día 10 de febreiro de 2011, reúnese a comisión mixta paritaria do convenio de oficinas e despachos da provincia da Coruña para a sinatura da revisión salarial para o ano 2011 do X convenio colectivo de oficinas e despachos da Coruña.

Pola representación empresarial:

D. Jesús Vázquez Vázquez (Asociación Profesional de Graduados Sociales, Asesores Fiscales, Empresarios de la Provincia de La Coruña).

D. Isidro Pousada Vales (Asociación Profesional de Graduados Sociales, Asesores Fiscales, Empresarios de la Provincia de La Coruña)

Pola representación social:

D. Angel Iglesias Fernández (Unión General de Trabajadores).

D. Juana Estébanez Cepedal (Comisiones Obreras).

Acórdase facultar a D.ª Juana Estébanez Cepedal para a realización de cantos trámites sexan necesarios ante a Consellería de Traballo ou outros organismos para a publicación dos acordos da comisión mixta paritaria do X convenio colectivo de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

Na Coruña, sendo as 13.30 horas do día 10 de febreiro de 2011, asínase o presente acordo

Polos membros da comisión mixta paritaria

TÁBOAS SALARIAIS ANO 2011


CONVENIO OFICINAS E DESPACHOS DA CORUÑA


NIVEIS €/MES €/AÑO

 

1 1467.51 20545.14

2 1324.55 18543.70

3 1305.60 18278.40

4 1264.81 17707.34

5 1184.52 16583.28

6 1159.65 16235.10

7 1104.47 15462.58

8 1063.45 14888.30

9 1019.86 14278.04

10 1003.70 14051.80

 


Artigo 19.–Axuda de custos e desprazamentos.

As axuda de custos para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deban efectuar saídas fóra do municipio en que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

a) Para o ano 2011

Por almorzo: 6,57 €

Por comida: 19,72 €

Por cena: 14,23 €

Por aloxamento: pernoctación pagada cun límite máximo de 65,71 €.

Estas cantidades son incrementadas conforme á subida salarial do ano 2011.



http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/03/24/bop_57.pdf#page=77


Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es