CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00).
CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos
Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto de vista profesional coma sindical.
CCOO e UGT apostan por un modelo turístico sustentable e con emprego decente
Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo 2017, a Federación de Servicios de CCOO e a Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT denuncian que a bonanza económica que vive a industria turística a nivel xeral traduciuse en maior explotación laboral, con salarios baixos, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización. Segue
Convenio Hostalaría provincia de Pontevedra: plataforma conxunta
A once de setembro poucos avances podemos destacar na negociación deste Convenio. Despois de 10 reunións da mesa de negociación decidimos facer unha plataforma conxunta as tres centrais sindicais presentes nela (CCOO, UGT, CIG). Os termos de esta plataforma conxunta que xa foi trasladada á parte empresarial son os seguintes:
Firma do Convenio Colectivo de NH Atlántico Coruña
Xuntanza de delegadas/os e afiliadas/os de Paradores de Galicia
O pasado luns 5 de xuño tivo lugar nos locais de CCOO en Monforte de Lemos unha reunión de delegados e delegadas de Paradores de Galicia na que participamos a Sección Sindical de Galicia e delegados, delegadas, afiliados e afiliadas dos Paradores das provincias de Lugo e Ourense.
Nesta reunión valoramos o plan de traballo desta Sección Sindical e debatemos sobre os problemas máis importantes que afectan ó persoal destes Paradores de cara a buscar solucións para cada un deles. Segue
Mobilizacións do persoal de cociña do Hospital do Salnés
Tras tentar negociar coa dirección da empresa un calendario laboral acorde ao convenio e á lexislación vixente e tras pasar pola Inspección de Traballo sen conseguir unha solución acorde, os traballadores e traballadoras de cociña do Hospital do Salnés decidiron poñer un Conflito Colectivo ante a maxistratura e iniciar mobilizacións que comezaron cunha concentración ás portas das instalacións do hospital o pasado 5 de maio.
Xornadas de 50 horas semanais e de oito días consecutivos de traballo sen descanso e a contratación insuficiente, en precario e en fraude de lei dos traballadores e traballadoras que realizan substitucións; son algunhas das cuestións que é necesario solucionar.
Unido á reivindicación dun calendario laboral axustado, reclámase tamén a necesidade de cubrir o persoal necesario convenientemente para poder dar un servizo en condicións aos usuarios do hospital. A presión por ter que sacar o traballo cun persoal insuficiente recae ademais sobre os 15 traballadores e traballadoras ás que se lle esixe que cubran un traballo que necesita dun maior persoal.
A negativa da dirección da empresa concesionaria do servizo, Eurest Colectividades, de solucionar estes importantes problemas é a que provocou que o persoal se vise na necesidade de mobilizarse e acudir á xurisdición laboral.
Tras esta primeira concentración do 5 de maio realizarán outra, tamén ás portas do hospital, o próximo día 11 de 11:15 a 11:30, e ás portas da Audiencia Nacional de Pontevedra o próximo 23 de maio de 10:45 a 11:15 aproveitando a celebración do xuízo.
Juan Bao, delegado de CCOO, explícao en "La Voz de Galicia"
Xuízo polo despedimento de dous delegados de CCOO no Gran Hotel La Toja
Mañá xoves, día 4 de maio, terá lugar en Pontevedra o xuízo polo despedimento de dous delegados de CCOO no Gran Hotel La Toja (O Grove), complexo hoteleiro xestionado polo grupo Hotusa. Por tal motivo, o sindicato convoca aos seus delegados e afiliados a asistir ao xuízo no Xulgado de Pontevedra.
CCOO xa denunciou meses atrás «represión» contra este sindicato por parte da dirección do hotel grovense, actitude materializada no despedimento de dous delegados sindicais que reiteradamente esixiran o cumprimento dos compromisos adquiridos por Hotusa tras a aplicación dun expediente de regulación de emprego (ERE).
As dúas persoas despedidas teñen unha antigüidade de 17 e 34 anos, unha profesionalidade «intachable», así como un «gran traballo sindical» en defensa dos seus compañeiros e compañeiras. As persoas despedidas denunciaban incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas extras realizadas durante a vixencia do ERE. Segue













