Perda de emprego e servizos en DxC Technology A Coruña
Dende o Comité de empresa de DxC Technology denunciamos a situación pola que está a atravesar o centro de traballo da Coruña.
Dende hai máis de 5 anos vemos como se está producindo un desmantelamento dun centro que chegou a ter máis de 300 traballadores e que debido á mala xestión da dirección perdéronse día a día os servizos que se prestaban desde A Coruña.
A día de hoxe enfrontámonos novamente coa perdida dun servizo pertencente a Servihabitat que emprega a 33 persoas de persoal e 64 subcontratacións.
Desde que o Comité de Empresa tivo noticias da perdida do servizo esixíuselle á empresa a recolocación do 100% do persoal recibindo en todas as reunións a evasiva como resposta sen concretar en ningún momento as súas intencións.
Debido a que case dous meses despois a empresa segue sen aclarar as súas intencións e está á espera de que as persoas seleccionadas por parte da nova empresa adxudicataria pidan a baixa voluntaria para aforrarse as indemnizacións en caso de ter que levar a cabo despedimentos, desde o Comité de Empresa convocamos un paro de dúas horas para esixir á empresa o seu compromiso por escrito recolocando a todo o persoal e solicitar o desvío de carga de traballo ao centro da Coruña doutros servizos que se prestan desde diversos territorios de España.
CALENDARIO LABORAL DE GALICIA 2019
- Festivos locais A Coruña, aquí e aquí
- Festivos locais Lugo, aquí e aquí
- Festivos locais Ourense
- Festivos locais Pontevedra
- Festivos Galicia (DOG)
- Apertura domingos e festivos comercio (DOG)
- Festivos resto comunidades (BOE)
CCOO Servizos revalida a maioría nas eleccións de Inelcom A Coruña
Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas
O sector do comercio vario da provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.
Sector do Comercio Vario da Coruña: nin atrasos, nin redución de xornada ata os 14, nin complemento por incapacidade
A patronal négase a pagar os atrasos do convenio, a ampliar a redución de xornada ata os catorce anos e insiste en penalizar as baixas por incapacidade (segue)
Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.
Hoxe, vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo Banco Popular Galicia.
Coa previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas súas respectivas seccións.
Na súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer "a xenerosidade e o esforzo pola confianza depositados na súa persoa" xa que "nos imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano". Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a través do "contacto directo, cercano e persoal cos nosos compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan". Gañar as eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra ideal central do seu discurso: "dado o actual momento de dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras e traballadores"
A partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.
O persoal de Hotel Attica 21 en A Coruña apoia maioritariamente a candidatura de CCOO Servizos
O pasado venres 18 o persoal de Hotel Attica 21 en A Coruña revalidou cunha alta participación a candidatura presentada por CCOO, cun total de tres delegadas.
A Federación de Servizos de CCOO agradece aos traballadores e traballadoras desta empresa a confianza depositada no sindicato e garante redobrar o esforzo e manter o traballo diario.












