Éxito de participación na folga de Caixabank, cun paro case total
A Federación de Servizos de CCOO aplaude o seguimento da folga de Caixabank. Este martes pecharon practicamente todas as oficinas da entidade bancaria en Galicia (case o 95%) e case todo o persoal (98%) secundou a xornada de paro.
Desde CCOO cualifican de «lamentable» que, a dúas semanas de rematar a prórroga das negociacións —tempo extra conseguido grazas ás mobilizacións—, a dirección do banco «teime en defender unha postura radicalmente contraria ás nosas liñas vermellas».
Entre outras cuestións, Comisións esixe reducir o número de saídas e que estas sexan voluntarias —e cunhas axeitadas condicións para que así sexa—, que non haxa recortes de carácter laboral e que a homologación salarial entre o persoal procedente de Caixabank e Bankia se produza canto antes.
Teleperformance A coruña: ante a prepotencia, mobilizacións
Teleperformance, en Agrela, unha empresa de Contact Center, que se publicita como un referente mundial no seu sector con uns 800 empregadxs en A Coruña, e que da servizo a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores, segue incumplindo os acordos e compromisos cos traballadorxs e xs seus representantes.
O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación laboral das persoas traballadoras.
Ante esta situación decidiuse levar adiante un calendario de movilizacións:
- Concentracións nas datas dos días 11 e 23 de Xuño de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela.
- Convocatoria de paros parciáis nos horarios de 12:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:00 horas na data do 28 de Xuño. Simultáneamente no horario de 12:30 a 13:30 realizaráse una concentración diante das instalacións.
O OBXECTIVO deste calendario de mobilizacións é rematar con: Ler máis
Acordo estatal no ERE de BBVA que reduce en 863 as persoas afectadas
O acordo cumpre as tres grandes premisas fixadas por CCOO: reducir o número de persoas afectadas (inicialmente, 3798; agora, 2925); que as baixas sexan de adscrición voluntaria e que non haxa cláusula de equilibrio xeneracional,
Estas tres cuestións cumpríronse «grazas á firmeza do sindicato e á mobilización», salienta a Federación de Servizos de CCOO.
O «amplo catálogo» de opcións de saída «ha permitir» que ningunha baixa sexa forzosa. Canto á cláusula de equilibrio, obrigaba a que a metade das saídas fosen de menores de 50 anos. Con este acordo, a saída prevista será dun 72% de maiores de 50 anos e un 28% de menor idade.
No documento anexo pódense consultar as condicións económicas e de mobilidade xeográfica para as persoas que se acollan ao plan de saídas.
Seguimento masivo da folga en BBVA e do paro parcial en CaixaBank
Un 84% do persoal de Caixabank seguiu o paro parcial de media hora convocado por todas as forzas sindicais na empresa.
En BBVA as cifras de seguimento da folga* son estimativas e aínda que que o banco ten 2.500 centros de traballo, *consideramos que estas superan o 70% do persoal. Ler máis
Teleperformance España (A Coruña) segue a desprezar o seu persoal
O Comité de empresa de Teleperformance Coruña denuncia que a empresa continúa facendo caso omiso das continuas reivindicacións tanto de traballadorxs como da representación legal dos e das traballadoras.
Ante esta situación decidiu convocar Concentración o próximo día 21 de Maio de 12:30 a 13:30 diante do Centro de traballo que Teleperformance ten en Agrela. Ler máis
CCOO BBVA: Rotundo éxito das Mobilizacións do persoal de BBVA en 15 cidades do Estado
O Banco alega razóns organizativas e económicas para acometer o despedimento masivo de 3.798 persoas, mentres a cúpula directiva consolida remuneracións de centenares de millóns de euros anuais. Por iso, 6.000 empregadas e empregados do banco e parte das súas familias, manifestámonos fronte á sede territorial de quince cidades de todo o territorio estatal, para dicir basta a este Despedimento Colectivo.
Unha clara demostración de unidade do persoal e os seus representantes sindicais, que nos dá forza para afrontar unha negociación que empezou o pasado día 6 de maio coa entrega do Informe Técnico e que continuará o vindeiro mércores día 12 de maio.
O persoal e as organizacións sindicais falaron e BBVA debe escoitarnos, porqué non estamos dispostos a calar ante esta maiúscula inxustiza.
É incrible a actitude de desprezo do Banco pretendendo pechar centenares de oficinas, deixando en risco de exclusión financeira a amplos sectores sociais, como o das persoas maiores ou co peche da única oficina de moitas poboacións e, por iso, tamén cara ás traballadoras e traballadores das devanditas sucursais.
H&M presenta as súas propostas, CCOO responde con mobilizacións e esixe a retirada da modificación das condicións de traballo
O día seis, na terceira na reunión negociadora do ERE, H&M realizou propostas insuficientes:
- Non afectación a maiores de 50 anos
- Adscrición voluntaria limitada
- Oferta de vacantes a tempo parcial
En materia de indemnización, non expoñen unha contía pero seguirán os parámetros doutros procesos que se produciron anteriormente na empresa.
CCOO analizará con detalle as vacantes que expuxo a empresa, pero nunha primeira revisión observamos que se ofrecen vacantes en tendas afectadas por despedimentos, cuestión que nos parece incoherente e que reafirma a nosa posición de que as causas alegadas pola empresa seguen sen justificar os despedimentos expostos, así como o número tan elevado de tendas que se van a pechar. Ler máis




















