O dereito a gañar o mesmo
Cando falamos de brecha salarial nosa cabeza vai a "as mulleres cobran menos que os homes por igual traballo" exclusivamente, sen mirar outros factores que inflúen directamente nesta diferenza.
O primeiro que temos que reflexionar é que a brecha salarial é unha discriminación directa cara ao sexo feminino e vai aumentando coa idade. Que significa isto?, é ben sinxelo, a brecha salarial aumenta a medida que o fai a idade das traballadoras, e non deixa de crecer desde os 30 ata a idade de xubilación, o que terá consecuencias nas pensións do futuro. Ao chegar a idade de xubilación os homes cobrarán máis que as mulleres co que nos atopamos ante unha circunstancia tan real como denunciable e é o empobrecimiento da muller unha vez finalizada a súa etapa laboral
GuÃa: A negociación colectiva para combater a violencia de xénero
- Introdución. Por que traballar a violencia de xénero en todos os nosos ámbitos de negociación (Acordos Marcos, acordos sectoriais, Convenios Colectivos, Acordos de Empresa, Plans de Igualdade).
- Boa prácticas na Negociacion Colectiva da Federación de Servizos
- Liñas estratéxicas, para seguir avanzando nesta materia.
DÃa Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres 2016
Ante un novo 25 de Novembro, manifestamos o noso máis contundente rexeitamento á insoportable violencia contra as mulleres, unha sanguenta consecuencia da discriminación e da ausencia de prevención, protección e dereitos necesarios para combater o que constitúe unha flagrante violación dos dereitos humanos.
- A Coruña: concentración ás 20 h no Obelisco
- Santiago de Compostela: manifestación con saÃda ás 20 h da praza do 8 de Marzo
- Lugo: concentración ás 20 h na praza do Concello
- Ourense: concentración ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno
- O Carballiño: concentración ás 19:30 h na praza Maior
- Pontevedra: representación ás 19 h na praza da Peregrina
- Vigo: acto simbólico so o tÃtulo «Desmontando os mitos do amor romántico». De 11:50 a 12:20 h, diante do MARCO ou, se as foren adversas as condicións climáticas, no pavillón do IFEVI. Manifestación ás 20 h con saÃda da farola de Urzáiz
(*) Esta información irase actualizando nos próximos dÃas
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, asà como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, asà como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES

















