CCOO Servizos reitéramoslle á Xunta de Galicia a nosa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos
A Federación de Servizos de CCOO reiterámoslle á Xunta de Galicia o noso rexeitamento á apertura dos comercios en domingo ou durante festivos. Así llo fixemos saber á Dirección Xeral de Comercio e Consumo ante a consulta trasladada que o departamento autonómico nos trasladou ao sindicato para coñecer a nosa posición ante esta medida.
Cómpre lembrar que o artigo 5.1 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, permite a apertura dos comercios un máximo de dez domingos e festivos ao ano. Asemade, o artigo 6.1 da citada norma sinala que a Xunta consultará —antes do 15 de outubro do ano anterior— esta posibilidade con diversas entidades, entre elas os sindicatos do sector.
Ano tras ano, CCOO rexeitamos esta medida por considerarmola «prexudicial» para as condicións de traballo das persoas que traballan no sector e ser un elemento que contribúe á precariedade a través de prolongacións de xornada, amais de impedir a conciliación da vida laboral e familiar.
Na nosa opinión, sen estas aperturas extraordinarias, o horario comercial "xa abastece suficientemente" as necesidades da poboación, polo que a medida unicamente xeraría un «prexuízo notorio» para os traballadores e traballadoras do comercio.
Acompañamos escrito da Xunta de Galicia e carta de contestación:
Os novos permisos e dereitos para a conciliación da vida laboral, persoal e familiar
Sobre os novos permisos e dereitos de conciliación:
- 5 días de permiso retribuído: por accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización pero que precise repouso. Inclúe a familiares de ata 2º grao e conviventes.
- 4 días de permiso retribuído ao ano: por causa de forza maior cando sexa necesario por motivos familiares urxentes ou imprevisibles. Trátase dun permiso que busca permitir atender situacións familiares urxentes (distribuirase por horas e poderá alcanzar ata 4 días ao ano).
- Permiso "parental" de 8 semanas ata que o menor cumpra 8 anos, que poderá utilizarse a tempo completo ou parcial e de forma continua ou discontinua.
- Redución de xornada: amplíase o dereito á redución de xornada para quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade, ademais do coidado de fillos ou fillas ou persoas a cargo con discapacidade menores de 26 anos e que teñan cancro ou outra enfermidade grave (cando o grao de discapacidade supere o 65% e esta condición se acredite antes de cumprir os 23).
- Adaptación de xornada: amplíase o dereito a persoas con persoas dependentes a cargo (fillos e fillas maiores de 12 anos, cónxuxe parella de feito, familiares por consanguinidade ata o segundo grao e persoas conviventes cando non poidan valerse por si mesmas). No caso de negativa, a empresa deberá xustificala.
- Parellas de feito: recoñécese o permiso retribuído regulado no art. 37.3 do Estatuto dos Traballadores de 15 días naturais polo rexistro de parella de feito, equiparándoo así co dos matrimonios.
- Máis protección: establécense novas garantías para que as persoas traballadoras non poidan sufrir discriminación, trato desfavorable ou despedimento por exercer dereitos de conciliación.
Se tes dúbidas, podes preguntarnos enviando a túa consulta POR AQUÍ
INFOGRAFÍA
PERMISOS RETRIBUIDOS
Cuadro resumen de los permisos retribuidos, actualizado con las novedades el RD-Ley 5/2023 de 28 de junio.
Las personas trabajadoras, previo aviso y justificación, podrán ausentarse del trabajo, con derecho a remuneración, por alguno de los motivos y por el tiempo siguiente:
















