Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra

negociacion randstad

O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da metade do persoal. 

Nesta asemblea explicouse a proposta que sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de traballo desta provincia. 

Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.

Tras expoñer a situación aos asistentes á asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.


Elecciones sindicales

Elecciones en los centros de VIEWNEXT de Cáceres y Valencia


Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra

CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vítima dun disparo por parte dun cliente

A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.


Mellora os resultados de anteriores eleccións

CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña

CC.OO. revalida  a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


Continúan as mobilizacións en todo o Estado

Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación

A patronal non acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.

Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.

Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.



Máis imaxes


Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO


logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union