Convenio Comercio Metal Pontevedra: Reunións, propostas e próximos pasos


convenio comercio metal Pontevedra

Na segunda reunión de negociación do convenio, celebrada o 19 de maio de 2025, os sindicatos presentamos as nosas plataformas reivindicativas á parte empresarial. Foi unha reunión inicial de toma de posicións na que se abordaron temas clave.

Temas tratados:

  • Necesidade de revisar e simplificar as categorías profesionais.
  • Actualización dos CNAE aos que se aplica o convenio, para axustalos á realidade actual.
  • Adaptación das licenzas e permisos ao marco legal vixente.

A próxima reunión será o 9 de xuño ás 10:00 h, e nela comezará a negociación dos seguintes artigos:

  • Artigo 2: Ámbito de aplicación
  • Artigo 3: Ámbito funcional
  • Artigo 12-15: Licenzas, permisos, excedencias e coidados familiares Ler máis

Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,

Plataforma de CCOO para o convenio 2025-2026

Vixencia

  • Proponse que a mesa de negociación se convoque obrigatoriamente na segunda semana de xaneiro, unha vez rematada a vixencia do convenio.

Condicións salariais

  • Remuneración mínima anual: 18.000 €
  • Incremento salarial: 4 % anual
  • Revisión: IPC + 1 %
  • Situación de IT: Cobertura do 100 % dende o primeiro día de baixa, incluíndo o plus de transporte como parte do salario.

Categorías e promoción profesional

  • Supresión das categorías de axudante e auxiliar
  • Promoción de dependente a dependente maior
  • Regulación de novas categorías: mozo especializado, auxiliar de oficio, profesional de oficio, chófer, etc.

Xornada laboral

  • Xornada máxima anual: 1.680 horas
  • Descanso de 15 minutos en xornadas iguais ou superiores a 6 h
  • Supresión da distribución irregular agás por acordo puntual
  • Implantación de sistemas de control horario efectivo
  • Xornadas continuas preferentes nas tendas sen peche ao mediodía
  • Bonificación por xornadas partidas e tempo máximo de 2 h entre tramos
  • Dúas libranzas consecutivas semanais e un fin de semana de calidade ao mes

Contratación

  • Consolidación das horas complementarias realizadas en exceso o ano anterior
  • Contratos a tempo parcial cunha xornada mínima continua
  • Preferencia por cubrir vacantes con persoal a tempo completo

Permisos

  • Adaptación ao Estatuto dos Traballadores
  • Clarificación dos apartados d) e e) do artigo 12

Saúde laboral

  • Avaliación de riscos psicosociais con perspectiva de xénero
  • Protocolos para risco durante o embarazo
  • Participación activa dos delegados/as de prevención
  • Recoñecementos médicos anuais por conta da empresa, incluíndo revisións xinecolóxicas e mamografías
  • Consideración de “repousos facultativos” como situacións asimiladas a baixas por IT
  • Posibilidade de contratos de substitución durante repousos prescritos
  • Actualización dos seguros de vida e accidentes

Igualdade

  • Adaptacións da xornada sen necesidade de redución
  • Dereito á lactación por tempo de xornada
  • Protocolos contra o acoso
  • Integración do principio de transparencia retributiva
  • Medidas de acción positiva en contratación, promoción, formación
  • Garantías para a igualdade real entre mulleres e homes no acceso e condicións laborais

Colectivo LGTBI

  • Compromiso coa inclusión e respecto: xúntase proposta específica

Xubilación parcial

  • Adaptación á lexislación vixente

Outras propostas de revisión

  • Actualización dos CNAE
  • Clarificación sobre o cobro da nocturnidade durante as vacacións
  • Fusión dos artigos 16 e 17: prohibición de compensación e absorción
  • Protocolos de desconexión dixital
  • Acumulación de horas para dereitos sindicais