Inicio de mesa e plataforma Convenio material Construcción Ourense
O pasado dÃa 1 de xuño constituÃuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da Provincia de Ourense, que en función da representatividade, está constituÃda da seguinte forma:
- UGT : 4 representantes.
- CCOO: 2 representantes.
- CIG: 1 representante.
O luns 12 de xuño mantÃvose a primeira reunión na que se presentou unha plataforma conxunta por parte de CCOO e UGT, co fin de tentar manter a unidade de acción para fortalecer a negociación coa Patronal.
Nesta reunión xa empezamos a tratar temas de xornada, salarios, licenzas, contratación ou incapacidade temporal, tal e como propoñemos na plataforma adxunta.
Seguiremos informando de como se van desenvolvendo as negociacións.
Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense
O pasado 9 de maio constituÃuse a mesa de negociación do noso convenio. A representación sindical na mesa é a seguinte:
USO: 6 CCOO: 4 UGT: 3 CIG: 2
Na próxima reunión coa patronal, que se vai celebrar o mércores 31 de maio, empezarán as negociacións propiamente ditas. Os catro sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria, o que nos vai dar máis forza de cara a conquistar melloras.
Tamén convimos en redactar follas - resumen das negociacións que se vaian mantendo- a fin de que todo o persoal estea puntualmente informado da marcha das mesmas. No seu caso, valoraremos convocar asembleas informativas.
FAGAMOS VALER A UNIDADE, A UNIÓN FAI A FORZA
CCOO Servizos estrea representatividade en PerfumerÃas Bodybell e Allianz Seguros (Pontevedra)
CCOO Servizos pasa a ter presenza en dous novos centros de traballo da provincia de Pontevedra grazas a resultar electas no dÃa de hoxe dúas delegadas de persoal, unha en Ibérica de DroguerÃa e outra en PerfumerÃa SAU e Allianz Seguros.
CCOO gaña as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo e mellora os resultados anteriores
A composición do comité no anterior mandato era de dúas/dous delegadas/os para CCOO, dúas/dous para CIG e un para Fetico. Nesta nova convocatoria partÃase dun censo de 65 persoas para elixir tres delegadas/os no grupo de especialistas e dúas/dous no de técnicas/os.
Un vez realizado o escrutinio CCOO obtén tres delegadas/os (2 en especialistas e 1 en técnicos), CIG un e Fetico un.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de MediaMarkt Vigo a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro dÃa que foron elixidos traballaron duramente para mellorar as condicións laborais de todo o personal, o cal, agora, recoñeceu esa labor cos seus votos, o que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.
CCOO Servizos mellora a súa representatividade en DIA SA (Lugo)
Onte luns, dÃa 3,
celebráronse eleccións en DIASA Lugo (Supermercados DIA% Lugo) cun
resultado de dúas delegadas CCOO e tres de Fetico.
Excelente
resultado se temos en conta que o anterior comité de empresa estaba
conformado por nove delegadas (tres de CCOO), pero que a diminución do persoal debido
entre outras causas ao franquiciado de varias tendas provocou que o
novo comité estea conformado agora por 5 delegadas.
As
representantes de CCOO iniciarán agora o seu traballo sindical cunha
meta definida, que é conseguir mellorar e resolver todos aquelas cuestións que propoñiamos na nosa campaña electoral:
- Acabar co costume de poñer diñeiro en caixa para compensar os descadres.
- Acabar coas horas de máis que non están compensadas nin pagas, coa implantación dun sistema de fichaxe.
- Acabar coas xornadas maratonianas, cando se fai unha implantación pola apertura dunha nova tenda.
- Acabar co risco e perigo de estar soas na tenda.
CCOO Servizos quere agradecer ao persoal a súa participación no proceso e especialmente a quen apostou pola nosa candidatura á hora de elixir a súa papeleta de votación.
Publicado o Convenio Colectivo Comercio Alimentación de A Coruña
Trala sinatura do preacordo e tal como se informou o vinte de decembro de 2016, CCOO decidiu non asinalo en base a:
- Por unha parte ao recorrido que aÃnda quedaba para o proceso negociador e a posibilidade de iniciar campañas de mobilizacións e folga
- Por outra a unha serie de temas fundamentais que era importante mellorar respecto ao convenio anterior:
- Non reduce a xornada laboral: é un dos convenios coa xornada anual máis alta e non considera un mÃnimo de sábados libres ao ano
- Non regula o control de presenza polo que se seguirán producindo prolongacións irregulares de xonada
- O incrementos salariais son insuficientes
- Non referencia o mantemento do poder adquisitivo ao IPC
CCOO Servizos obtén toda a representatividade en DÉCIMAS (A Coruña, Ferrol e Santiago)
Publicado o Convenio Colectivo do Sector do Comercio Detallista Téxtil de Pontevedra
Podes consultar aquí o texto do Convenio Colectivo publicado no BOP.
O sector de comercio detallista téxtil queda englobado en comercio vario














