Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Alimentación de Ourense
O pasado 9 de maio constituÃuse a mesa de negociación do noso convenio. A representación sindical na mesa é a seguinte:
USO: 6 CCOO: 4 UGT: 3 CIG: 2
Na próxima reunión coa patronal, que se vai celebrar o mércores 31 de maio, empezarán as negociacións propiamente ditas. Os catro sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria, o que nos vai dar máis forza de cara a conquistar melloras.
Tamén convimos en redactar follas - resumen das negociacións que se vaian mantendo- a fin de que todo o persoal estea puntualmente informado da marcha das mesmas. No seu caso, valoraremos convocar asembleas informativas.
FAGAMOS VALER A UNIDADE, A UNIÓN FAI A FORZA
CCOO Servizos revalida a súa maiorÃa nas eleccións de Allianz en Galicia
O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.
Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanÃa
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, VilagarcÃa e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanÃa. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.


10 de Marzo - DÃa da Clase Obreira Galega do 2017
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestÃa da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.









