cambiando inditex




Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA

A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.

A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.

Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES


CCOO Servizos gaña de novo as eleccións en Generali Ourense e Vigo

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas nos centros de Generali en Ourense e Vigo, que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado en Ourense, mentres que CIG, que presenteou candidatura por primeira vez, non conseguiu representación. En canto a Vigo obtivo un delegado e cada unha das dúas oficinas.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.  


A requirimento de CCOO na Mesa de Negociación, a Dirección do Grupo reduciu o número de traballadoras e traballadores afectados polo proceso.

Mobilizacións en Ourense contra o ERE do Grupo Banco Popular

Tras as mobilizacións en todos os territorios do pasado día 20 e tamén de xornadas anteriores, onte mércores, 26 de outubro, o persoal saímos á rúa para defender os nosos postos de traballo, a Dirección do Grupo cedeu á reivindicación de CCOO, admitindo que NON SOBRAMOS 2900 persoas en Banco Popular e Banco Pastor.
Na quinta reunión da Mesa Negociadora, a Dirección situou a nova cifra en 2.592 persoas, reducindo en aproximadamente uns 400 o total dos 3.000 despedimentos anunciados ao inicio.
CCOO opoñémonos a este proceso de Despedimento Colectivo, do cal os traballadores non tiveron ningunha culpa, aínda que agora a paguen. Con todo, a reforma laboral -a Lei actualmente vixente- obríganos a todos a buscar o mellor acordo, se é posible.
  • Por iso CCOO esiximos a mellora das condicións dos despedimentos e o respecto da voluntariedade.
  • Por iso CCOO continuamos a nosa loita para reducir os efectos deste salvaxe Despedimento Colectivo
  • Por iso CCOO seguimos negociando e, unha vez conseguida unha primeira redución do número de persoas afectadas polo proceso, presentamos na Mesa Negociadora a nosa plataforma.
A próxima mobilización está convocada para o día  2 de novembro ás 18:00 en Lugo, Comenzando en Rúa da Raiña ( B Pastor OP) e rematando en Praza Maior (B Popular OP)



Vídeo


Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO

A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.

Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.

Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.

Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

Atentamente.

CCOO Servizos Galicia

Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES


27 de Setembro, Día Mundial do Turismo 2016

Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo

Hoxe, 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un día de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.

Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser "A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA". Porque o plantel do sector turístico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.

Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turística. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aínda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais. 



Noticia en: Faro de VigoGalicia PressEuropa Press