Primeira folga na historia de CTAG-IDIADA solicitando o cambio ao convenio provincial do metal de Pontevedra
CTAG-IDIADA safety technology S.L. é unha sociedade creada en 2002, a partes iguais entre o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Applus IDIADA, multinacional que iniciou a súa actividade en Cataluña en 1971, especializada en servizo de homologación para a industria do automóbil. Nesta sociedade, CTAG aporta as instalacións, a dirección e o capital humano, mentres que Applus IDIADA aportou no seu momento a experiencia e a súa rede de clientes. Segue
Convocatoria asembleas nivel II Federación de Servizos
De conformidade ao Anexo Organizativo da Federación de Servizos de Galicia aprobado na reunión do Consello Federal o pasado 14 de setembro, e en cumprimento das Normas Congresuais aprobadas no Consello Confederal o pasado 11 de xullo de 2016, asà como das Normas Congresuais sobre o II Congreso da Federación de Servicios de CCOO, aprobadas no Consello Federal, acórdase o presente Regulamento sobre o desenvolvemento do proceso de asembleas congresuais de NIVEL II do ámbito de CCOO Servizos Galicia.
Regulamento asembleas congresuais nivel II Reglamento asambleas congresuales nivel II
Proclamación definitiva de candidaturas de asembleas de nivel I da Provincia de Pontevedra
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación provincia de Pontevedra
Seguindo a decisión unánime das asembleas convocadas para o debate do preacordo, hoxe mércores, 28 de decembro, levouse a cabo a sinatura do Convenio. Desde CCOO poñémonos a disposición das persoas traballadoras do sector para acadar o obxectivo de que as condicións nel recollidas se cumpran. Nesta central sindical temos claro que non podemos descoidarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non só é bo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.










